Desde o Preguntoiro: Fernando Ramos
Cardalda, Theo - viernes, 05 de agosto de 2011
O venres pasado estiven convidado a un acto-cea de despedida do compañeiro Fernando Ramos, un gran dirixente sindical de CC.OO de Arousa. Un home que o coñecín a finais dos anos 90 cando chegou a Vilaxoán. Soamente coñecelo e falar con el tiven unha sensación de que este home despedía polos seu poros valores éticos e de honestidade. O tempo deume a razón.
É un home que sente o sindicato non como exclusivamente reivindicativo, senón como unha clara perspectiva de obxectivos finais de emancipación dos traballadores, tomar posición e actuar ante os problemas políticos do país na construción dunha sociedade nova, tratando de mellorar as condicións de vida dos traballadores.
Comento desde esta tribuna a sospeita da súa marcha como unha decapitación desde a cúpula sindical. Coido que Fernando non quixo xogar á estademocracia sindical.
Non quixo xogar a pesebrista e adorar ao deus de quenda que reside en Madrid ao carón dos seus pastores. Tivo a valentía de dicir no seu momento: ¡ basta ! de tanta desvergoña, ousadía, traizón, con tantas marañas e trapalladas de algúns personaxes que intenta vivir do conto, por iso, Fernando non ten cabida dentro deste desconcerto no mundo sindical e político. Coido que coas súas accións arriscando e loitando pola xustiza social, a liberdade e a súa integridade dentro do sindicato en tempos non moi doados como os de agora de clara traizón aos traballadores, a súa continuidade na organización tiña os días contados.
Como dicía Marcelino Camacho: ..ni nos domaron, ni nos doblaron, ni nos van a domesticar... Pero o máis triste de todo é que teñamos que usar estas mesmas palabras contra a cúpula dirixente do sindicato. Son malos tempos para a lírica e moi bos para os traidores.
Compañeiro Fernando, os meus parabéns na túa nova andaina.

Cardalda, Theo
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora