Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

De Burela a Vigo

viernes, 17 de septiembre de 2004
Burela é o gran porto do norte galego e un auténtico emporio industrial.

A mediados do século pasado era un pequeno pobo que nin siquera chegaba a capital de concello e do que se pensaba que nunca tivera maior importancia.

E sen embargo tiña e ten detrais unha historia máis ca milenaria, da que ven de aparecer unha proba que se supón poden se-los restos dunhas termas romanas. Como tamén se sabe que alá polo século XVI os bureleses tiñan montada unha importante industria pesqueira e se adicaban á caza de baleas.

Algo semellante pasou con Vigo, capital do sur de Galicia, da que sempre se dixo ter sido nas súas orixes unha simple aldea de pescadores. E vese que foi moito máis, que nos tempos de Roma foi unha gran cidade, como se encarga de demostrar o subsolo vigués de cando en cando, especialmente nos últimos tempos.

Lorenzo Varela, o persoeiro ó que se vai adica-lo próximo "Día das Letras Galegas" afirmou poeticamente que "aramos sobre os mortos desta terra / e o noso pan ten un sabor de osos / familiares, irmans". Porque temos debaixo nosa felizmente agochadas pegadas da nosa historia que elixen o momento máis impensado para asomarse ó exterior.

De Burela a Vigo, a terra que pisamos garda a memoria dos devanceiros e -como dicía Murguía en relación con Lugo- non hai máis que levantar unha pequena capa de pó para que o noso glorioso pasado xurda triunfante.
X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES