Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Juanel no Cenima

miércoles, 03 de agosto de 2011
Ven de inaugurarse na sala central do CENIMA de Foz, a exposición do debuxante Juanel que ofrece á contemplación do espectador dúas ducias de cadros dunha gran beleza nos que, aínda que amosa escenas do rural, coa presencia da figura humana, tan do seu gusto, nós queremos destacar as mariñas, que son a metade da obra que colga, nas que o navegar por alta mar dun fermoso barco surcando as augas en espectacular marcha, sorteando as ondas dun mar encrespado, produce episodios de singular fermosura e espectacularidade, que se prolongan ó longo da travesía.

Os amigos de José Manuel Forés, a quen todos chamamos Juanel foi mariño a bordo dun barco de guerra nos anos xuvenís do servicio militar; un amor, o do mar, que naceo na nenez pola súa permanente relación con él, nos xogos infantís, da beiramar ribadense na que se criou.

A elegante silueta do buque, que ás veces case se perde, engulida polas ondas que o arrodean, ofrece unha visión dramática, porque ante a escena apocalíptica resulta doado maxinar o instante no que pode producirse o tráxico remate da navegación. Contemplar estes cadros de Juanel é sumirse en toda a fantasía, o gozo e o drama que son sentimentos inherentes a tan romántica e arriscada dedicación. Por eso a obra de Juanel traspasa a expresión material ou plástica da mesma, sendo ésta de excepcional fermosura, engadíndolle outros valores de fondo contido humano e anímico, e aínda sentimental, que fai vibrar os sentimentos mais profundos.

Trátase polo tanto esta mostra dun auténtico catálogo de sensacións que chegan ó espectador, ós seus sentidos e tamén á súa sensibilidade receptora e apreciadora das leccións de vida, cando a arte se converte en vieiro portador dos mesmos.

Estamos seguros de que esta exposición de Juanel vai a ser unha das mais exitosas do seu xa recoñecido currículo; membro da Asociación Os Aventados de San Cibrao, conta no seu haber con un brillante palmarés e numerosas mostras colectivas e individuais.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES