Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Xacobeo 2005

jueves, 16 de septiembre de 2004
Os "Anos Santos Compostelanos" son aqueles nos que a festividade do apóstolo Santiago, patrono de España e de Galicia, cae en domingo. E tales anos, desde hai séculos, tiñan para a Igrexa unha significación especial desde o punto de vista espiritual.

Pero os "Anos Santos" poden ter outra lectura e están téndoa. Coa Presidencia de Fraga -que a fin de contas foi o impulsor do turismo hispano dos sesenta- os Anos Santos pasaron a unha denominación máis popular e laica sendo simplemente "Xacobeos", nome co que deron a volta ó vello mundo europeo.

Foi Victor Portomeñe o Conselleiro que no 1993 puxo as bases das actuais infraestructuras, cando todo o mundo pensaba que era unha toleada facer tantos albergues no Camiño francés.

E así ata hoxe, ben andado xa o 2004, cando o fenómeno das peregrinacións a Compostela colleu un brio inusitado e, en calquera momento do ano, a xente camiña hacia a capital de Occidente. Ou non camiña, xa que o aeroporto de Labacolla rexistra incrementos de ata o 13% de viaxeiros que veñen a Compostela precisamente neste Xacobeo, en relación co ano anterior.

Sen que queira presumir de adiviño, eu sei que esto do Xacobeo non vai rematar. Que pouco importa que un ano sexa Xacobeo ou non, que o costume -ou moda; ou necesidade- de porse en camiño hacia un lugar determinado está establecido, e tódolos anos serán Xacobeos desde agora, para ben do espíritu pero tamén para ben do corpo. E, desde logo, para ben de Santiago e de Galicia, que ademáis das espirituais o tema ten importantes repercusións "temporais".

En fin, que queda pouco xa para que remate o Xacobeo 2004. Pero tranquilos todos porque o 2005 tamén vai ser Xacobeo.
X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES