Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Malos tempos para os Medios

jueves, 04 de agosto de 2011
Neste “sálvese quen poida” da diaria reestructuración económica, os medios informativos parecen levar a peor parte.
Tanto as administracións como as empresas, en tempo de restriccións, recortan pola parte que consideran supérflua, sen entender claramente que a publicidade e a difusión non son custos senón investimentos que xeneran actividade. E en todos os medios, escritos, falados, visuais ou na Rede, nótase unha baixada na facturación publicitaria que ó non ter contrapartida no capítulo de gastos fai pensar en recortes no capítulo de persoal, e son varios os medios e as cadeas que estudian reestructurar os seus cadros de traballadores, loitando pola pura pervivencia.
A nota etapa autonómica, onde os novos gobernos e tamén os antigos se atopan con dificultades económicas, estanse a suprimir organismos diversos integrando o seu persoal no aparato administrativo da Comunidade, e algúns ollos están postos nos medios informativos propios da autonomía, que en moitos casos non teñen un idioma que defender e resultan costosos en demasía para os tempos que corren.
O primeiro paso neste senso – aínda que outros avisos houbo- estase dando nas Illas Baleares, onde se vai producir o primeiro peche dunha Radio e Televisión autonómica, co despido de 115 traballadores, en base ó alto custo do seu funcionamento, a duplicidade de servizos que supón, escasa repercusión social, e necesidade de afrontar outras iniciativas máis urxentes.
Cada autonomía ten que valorar o funcionamento dos seus medios, porque en Galicia non se entendería esta medida en relación cuns medios que –coas súas carencias- son motores de afianzamento do idioma e da industria do audiovisual, ademais de difusores dos temas propios do país.
Non perigan en Galicia nin a Radio nin a Televisión. Pero o resto dos Medios está na corda floxa. E un país sen Medios, con menos Medios, ou menor vitalidade, é un pais condenado a morte.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES