Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A forza da natureza

miércoles, 03 de agosto de 2011
Sen pararnos a pensalo, os galegos cremos nas forzas da natureza, na existencia dun ánima que goberna o inanimado que nos rodea – Gaia, é un bo nome – confiando en que, pase o que pase, a natureza segue o seu camiño, imperturbable.
E así, adoitamos dicir que os ríos seguen a buscar os seus cauces, e o mar recuperará o que é seu, o que se lle vai roubando para domesticalo, para facer construccións humanas que invaden o que a natureza posúe.
Non se dan en Galicia eses exemplos doutras comunidades onde se teñen edificado edificios en torrenteiras e cauces de ríos habitualmente secos ou con caudal mínimo que, de súpeto, poden encherse, desbordarse, e arrasar con todo o que de xeito impropio se ocupou.
Aínda que aquí non se dan esas circunstancias, a Xunta de Galicia a través da Consellería de Medio Ambiente ven de establecer os mecanismos precisos para limpar e logo manter limpa a rede fluvial de Galicia que ten unha extensión de máis de once mil kilómetros.
O que se pretende é que os cauces estean limpos de maleza que impida que as augas circulen pola súa canle natural, complementando a acción coa retirada de obxectos e mesmo carteis impropios do carácter natural dos nosos ríos.
Trátase, pois, de canalizar as enerxías que a natureza posúe e pode desbordar, para que as periódicas enchentes que se veñen sufrindo en diversos puntos da nosa xeografía non teñan a súa base en ningún caso nos atrancos que as augas atopen no seu camiño. Que as forzas da natureza non se poden conter, pero pódense prever para que causen o menor dano posible. E se a natureza esixe o seu espazo, teremos que darllo.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES