Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Débedas e devolucións

martes, 02 de agosto de 2011
Cando unha entidade bancaria ou de aforro fai un préstamo a unha entidade ou particular, asínase un documento que establece os prazos de devolución e os intereses –fixos ou variables- que o debedor deberá aboar en tempo e forma. Pero hai outras débedas que non teñen ese documento que as regule, e préstanse a todo tipo de consideracións, ou así o estiman os involucrados no tema.
O Goberno central calculou mal as cantidades que debía adiantar ás comunidades autónomas en base ó que estas debían percibir dos impostos que os cidadáns pagamos, e adiantou ás comunidades unha determinada cantidade que, co paso do tempo, se evidenciou manifestamente excesiva, porque a recadación non respondeu ás expectativas xa que a crise fixo acto de presencia.
O Goberno, diante desa situación, reclama as cantidades que resultaron excedidas e reclámaas nun tempo que as respectivas comunidades estiman demasiado curto para poder facer frente a esta obriga agora xa esperada, pedindo adiamento dos pagos xa que a situación existente non permite excesivas alegrías.
O Goberno negase a esa moratoria e só ofrece un crédito para financiar parte desa devolución, que se aplicaría en aboar facturas pendientes.
Como en Galicia falamos de algo máis de dous mil cen millóns de euros, o Presidente ven de anunciar que recurrirá ó Tribunal Constitucional para que dictamine quen ten razón nun tema que pode facer perigar a normal acción de goberno do país galego de ter que cumprirse a devolución como o goberno esixe.
E nesas estamos, problema sobre problema, neste ecuador do verán máis animado dos últimos tempos onde os acontecementos non dan respiro. Menos mal que a climatoloxía ata agora restrinxíu as calores, e non se fala de incendios forestais, o único lume que por agora está apagado.
Que hai que devolver, todo o mundo o acepta. O cando, xa é outra cousa, que os gobernos autonómicos – e os pobos- deben poder respirar libremente, aínda que só sexa para seguir camiñando.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES