Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Sesenta e sete

viernes, 29 de julio de 2011
Tiñamos posto o chip de traballadores na cifra 65, para marcar o tempo en que a vida laboral remataba para dar comezo un tempo de xúbilo, sen obrigas laborais e cunha máis ou menos axeitada compensación económica polos longos anos traballados.

Certo que esta era a cifra base ou xeral, e que os traballadores que quixesen podían en moitos casos prolongar a súa vida laboral ata os 70, xa porque a función o permitía como a alta docencia ou investigación, xa porque a dinámica do mesmo traballador esixíalle unha continuidade voluntaria nunha traxectoria que cada persoa pode marcar segundo as súas especiais circunstancias.

Podía, asímesmo, ser rebaixada esa cifrfa se o traballador pertencía ó mundo do ensino (onde ata este ano había a posibilidade de xubilarse ós 60), ó da banca e aforro onde a patronal impoñía a súa propia lei, ou a grandes empresas onde a política empresarial facía capas e saios segundo a conveniencia da corporación.

Ese mundo cambia desde agora coas novas disposicións que van regular as xubilacións, onde a cifra base de 65 vese cambiada pola de 67, se ben de xeito progresivo nun tempo que vai durar ata o 2028.

A transición vai ser tan lenta que na práctica pouco vai notarse, especialmente se se ten en conta que os 65 anos de agora nada teñen que ver cos sesenta e cinco de cando se estableceu a xubilación a esa idade, e desde logo os 67 de dentro de dezasete anos posiblemente signifiquen maior mocidade relativa que os 65 de hoxe.

É un síntoma máis, unha realidade, de que hai que tomarse moi seriamente a situación actual, que vulgarmente se denomina “apretarse o cinto”, xa que a este aumento dos anos vaise sumar o cálculo da base reguladora da pensión de xubilación nos últimos vintecinco anos e non nos quince como no momento actual.

Os nacidos en 1948 serán os primeiros en experimentar os cambios. E a partir dese ano, todos. Conformémonos. Ben está, se deste xeito se garante a continuidade do actual sistema de pensións, que son dereito inalienable para todos os que desempeñan un posto de traballo e cotizan con este fin durante toda a súa vida laboral.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES