Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

75 anos daquel xullo

miércoles, 27 de julio de 2011
Aparentemente sen pena nin gloria pasou a data do dezaoito de xullo, no que se cumpriron tres cuartos de século do inicio da guerra civil que tanta sangue e tanto sufrimento provocou entre nós.

O tempo, co seu paso inexorable, foi facendo que a data non sexa máis ca unha referencia no calendario, pola natural desaparición da maior parte dos protagonistas – forzosos ou voluntarios- de todos aqueles acontecementos.

Pero uns feitos como aqueles non se anulan ou se esquecen coa desaparición dos seus protagonistas físicos senón que as xeracións seguintes herdan as percepcións ou as mensaxes que a súa vivencia ou percepción van transmitindo. E varias xeracións quedamos marcadas por aqueles feitos que modificaron previsibles destinos, derrubaron ou encumbraron xentes, condicionaron vidas, e aínda agora –cando parece que nada depende xa daqueles feitos, seguen influíndo de xeito poderoso nas xeneracións que viñeron.

Queda para a historia o dezaoito de xullo como referencia, pero polo que a Galicia se refire a percepción foi varios días posterior, e os feitos luctuosos tiveron lugar especialmente nos últimos días de xullo, o mes de agosto, e os que seguiron, polo que o aniversario –cada quen seguro que pode ter o seu- é plenamente vixente.

Pode parecer ocioso lembrar aqueles feitos terribles para Galicia e para o resto do Estado cando case levamos tantos anos de democracia (contada desde finais de 1975) como os que transcurriran nese ano desde o comezo da nosa Gran Guerra. Pero non o é mentras non se produza o esquecemento social daquela traxedia, mentras non se coñeza o nome de todos os mortos e os lugares onde permanecen. Mentras non se faga xustiza ós que a merecen, ainda que só sexa a xustiza tardía da xusta lembranza por parte de todos.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania