Unha sociedade doente
Cardalda, Theo - martes, 26 de julio de 2011
DESDE O PREGUNTOIRO
Estase a ver tódolos días o que está a pasar en Europa e en España. Algo moi grave está acontecendo. Están rexurdindo os populismos e fascismos que houbo nos anos 30 despois do crak de 1929. Están a guindar polos sumidoiros décadas de esforzos para acadar unha Unión Europea social coa complicidade de políticos populistas que gobernan ao ditado dun puñado de anónimos cobizosos do peor capitalismo, como é o caso deses mercados e esas axencias cualificadoras. Cousa que a eses ninguén os votaron en ningunha elección democrática.
Pero o máis grave de todo isto é o alimento dese fascismo que está penetrando na sociedade europea a moita velocidade, temos o caso de hai uns días do fanático fascista (fundamentalista cristián) que matou a máis de 80 persoas en Oslo, mentres aquí no noso país os telepredicadores de certos medios moi coñecidos de influencia fascista, campan as súas anchas, alimentando e enchendo aos mozos de ideas moi semellantes ás de este asasino noruegués e ninguén e capaz de facer o máis mínimo esforzo para paralos. Non encanto, pedir que eses medios desa caverna mediática reflexionen e pedir peras a un maceiro, non están capacitados para elo, sementan o odio e outros recollen as treboadas.
Mentres tanto a sociedade adurmiñada coa bazofia televisiva descansa agardando a un salvador que nos purifique coa expulsión ou exterminio dos que son diferentes.
Estes crimes de Oslo son o resultado dos ovos desa serpe mediática que vai incubando e comezan a saír os monstros crueis e desapiadados da barbarie ultra.
Non se pode permitir como liberdade de expresión o que manifestamente son delitos contra a liberdade de pensamento e contra a intelixencia dos cidadáns honestos. Se a socialdemocracia e toda a esquerda de Europa non fan un fronte común, imos a bater coa mesma pedra do século pasado que rematou como o rosario da aurora.

Cardalda, Theo
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora