Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Coa fame non se xoga

Mato, Xesús - martes, 26 de julio de 2011
Vaia mes de Santiago que levamos! Non só no eido da climatoloxía, que semella andar ao revés, senón no da economía e no social e político. Máis revirado aínda. Unha ollada ao mundo: fame/morte no Corno de África (15 millóns de afectados) debido á seca e aos refuxiados, parches en Europa, acordo no ar na Sanidade e dimisións na política.

En Galiza, certo cheiro esperpéntico coa desaparición do Calixtino, desfeitas e liortas na política e escandalosos recortes no campo social. Á vista de todos! E sen sentir vergoña!

Unha mostra: Recortes do 48% á ONG Loita contra a fame, tentativa de eliminación de Pre/escolar na casa e Proxecto Home. E sen abonar subvencións a asociacións do 2010 e sen encetar as do 2011. Máis datos sobre as relacionadas con Lugo. Pre/escolar na casa, con 34 anos de historia, educación na infancia e orientación familiar no rural galego (4.000 fogares) como alternativa ao crecente e imparable despoboamento rural. Unha mágoa! Por outra banda, o Proxecto Home de Galiza (rehabilitación drogadictos) con 20 anos de labor, con 960 internos, con recortes oficiais (700.000 euros nos últimos anos) arrastrou consigo a supresión das delegacións e pisos de acollida de Pontevedra e Lugo Quedan Santiago e A Coruña, grazas ás axudas de Amancio Ortega (Inditex-Zara) vai seguir adiante o proxecto do Centro de Galiza. Persoalmente, teño a sensación de que os nosos dirixentes non se decataron (ou non se queren decatar) da gravidade do momento. Estase a falar moito de racionalidade e austeridade pero á hora de repartir e compartir bens públicos chega a sen/razón, a desfeita. A prol dos especuladores e contra os pobres. Cómpre repensar o tema. Empezar pola casa. Coa fame non se xoga!
Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES