Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

No Día de Galicia

martes, 26 de julio de 2011
Para algúns, o Dia da Patria. Para todos, o Día de Galicia, no que se celebra a festividade do Señor Santiago, o noso patrón, no que Galicia está chamada a ser o punto de referencia de todo o Estado, máis se temos en conta que neste día se celebra a ofrenda solemne ó Apóstolo que a tradición quere que nas últimas décadas a veña facendo a Súa Maxestade El Rei.
Que esta Ofrenda a faga en ocasións algún Delegado Rexio – neste ano, a Presidenta do Parlamento- non rebaixa en nada este papel, se ben sería desexable, desde o punto de vista dos galegos, que esta responsabilidade non fose delegable, e fose este día de visita obrigada a Galicia para El Rei ou alguén da familia real.
É este sen dúbida o maior día do ano para todos os galegos, se ben os santiagueses teñen neste caso unha percepción especial por cercanía, porque na cidade se concitan todas as celebracións e todas as miradas.
E a conxunción de actos – oficiais, festivos, relixiosos- conforman un todo que resulta proporcionado ó papel que a cidade de Compostela xogou a través da historia e na actualidade. Que a Catedral da capital de Occidente cumpra oitocentos anos, proporciona a axeitada perspectiva para comprender o por qué destas celebracións, e o sentimento de ledicia que embargou a todos os galegos diante da celebración.
Só faltou, para completar a xornada, que aparecese ou se devolvese o “Códice Calixtino”. Pero aquí entra a esperanza, sentimento imprevisible, de que non falte moito para que volvamos a ter esta magnífica xoia dentro da gran xoia da Catedral compostelana.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES