Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Tempos eternos

viernes, 22 de julio de 2011
Quero ser lameiro de herba verde no deserto do continente asolado pola memoria dun tempo. Dun tempo calquera.

Quero ser color de piorno que asoma polo outeiro dun país inmaculado que loita contra a señardade duns versos no poema. Un poema calquera.

Quero ser luz na noite e pomba no carballo. Hai carballos que, uns tras outros, forman unha touza e hai touzas que están tan inclinadas que custa suores meterse nelas.

Quero ser o asubío que vai por entre as rúas de Baños de Molgas na busca dunha infancia que xa foi. De todas formas, a miña está marcada coma debuxo a lapis que nin o tempo borrará. Hai tempos eternos.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES