Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Menos festas

viernes, 22 de julio de 2011
Aínda que nos pareza que Galicia arde en festas, o “lume” subirá menos que anos anteriores, porque as festas van a ser tamén menores tanto en número como en calidade.
Os festexos teñen, cada vez máis, financiación por parte de organismos oficiais, recaendo os patrocinios especialmente nos concellos e nas deputacións, e algo menos na Xunta de Galicia que en principio non patrocina festas aínda que si se molla cando se trata de acontecementos destacados de tipo cultural ou social.
En tempos, cada parroquia tiña a súa festa pagada escrupulosamente a escote por todos os veciños. E o principal problema das comisións de festas era visitar os domicilios de todos os parroquianos para conseguir aportacións monetaria que pagaran a orquesta ou orquestas, os fogos de artificio, o “cuarteto regional” que animaría as mañás, e no caso de vilas o alumeado público.
Certo que en todos estes casos os respectivos concellos tiñan tamén unha importante contribución ás festas, máis que calquera veciño aínda que o total resultase simbólico.
As parroquias perderon habitantes e nas vilas foron deixando de pedir polas casas, co que quen quere festas ten que acudir a novos sistemas de financiación, patrocinios e – en boa parte dos casos- ser o mesmo concello o que as organiza con fondos propios ou colaboracións diversas.
Como o forno económico non está para moita festa, vívense restriccións nas vilas e cidades galegas, suprímense actuacións importantes acudindo a outras máis modestas, ou directamente anúlanse festexos agardando mellores tempos no futuro.
Narón, Cangas e Celanova son os puntos máis destacados polo de agora en canto a supresión ou minoración de actividades, que seguro terán prolongación noutros máis en canto se vaian concretando os problemas que todos apreciamos.
Haberá menos festas, ou estas serán de menor relumbrón. Pero ninguén poderá quitarnos o entusiasmo, e este sigue plenamente vixente entre os galegos, que nos sumamos con entusiasmo a calquera convocatoria, cunhas ganas de festa como nunca ou coma sempre. ¡que nos duren!.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES