Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Taxas universitarias

miércoles, 20 de julio de 2011
Pensábamos que desapareceran hai moito tempo esas bonificacións para o persoal non universitario dependente da Consellería de Educación de non ter que pagar para os titulares e os seus descendentes as sempre importantes taxas de matrícula nas universidades deste país.
Entre as tres Universidades galegas o importe destas bonificacións que agora desaparecen importan arredor de dous millóns de euros anuais, que ata non hai moito a mesma Consellería aboaba ás entidades universitarias, pero nos últimos anos deixou de facelo. E agora as Universidades consideran que non poden asumir ese custo e serán os afectados os que deban aboar as correspondentes matrículas.
Os funcionarios da Consellería de Educación, como calquera outro funcionario, deben percibir unhas retribucións acordes coa súa formación e o seu traballo, pero este tipo de beneficios non parecen lóxicos aquí e agora, nun tempo de dificultade xeral onde ter un traballo fixo xa é unha tranquilidade para o presente e para o futuro.
Conservan os funcionarios dependentes directamente da Universidade este beneficio, que segue a parecer discutible, que ven ser o mesmo que se os funcionarios de turismo disfrutasen gratuitamente das instalacións turísticas oficiais, os de Xuventude dos campamentos e residencias, ou os relacionados con estradas non pagasen as taxas das autoestradas. Cada quen perciba o seu salario legal, e contribúa como calquera outro usuario a manter os servizos que o Estado ou a Autonomía ofrecen.
As taxas universitarias, como calquera outra, deben ser aboadas polos que utilicen os servizos da Universidade. As taxas de calquera organismo, deben ser aboadas por todos os que utilicen os servizos que as xustifican. O resto é un privilexio que terá que ir desaparecendo na medida en que pertenzamos a unha sociedade na que todos somos iguales en deberes e dereitos.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES