Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Turismo comarcal

lunes, 18 de julio de 2011
O anuncio de que a Xunta e a Mancomunidade da Mariña van a facer non sei qué cousa a prol do turismo comarcal, fainos remexer no noso caótico arquivo, farto de recoller tanta mentira ao respecto, e lembrar, por exemplo, o artigo publicado hai uns cinco anos:

TURISMO COMARCAL
Días pasados este xornal publicaba os resultados dunha enquisa previa á elaboración do Plano de Desenvolvemento Turístico da Mariña, por parte da USC.
Da mesma dedúcese que os mais graves atrancos que padecemos como destino turístico son: a infraestructura viaria; a alta estacionalidade, concentrada no verán, e a falta dunha planificación conxunta; así como o temor a que o urbanismo feroz que padecemos incida no medio ambiente restando atractivos á zona.
O das estradas é un tema xa tópico: sufrimos dende hai moito o mal endémico duns políticos que só se lembran delas para usalas como arma electoral para logo esquecelas. Así ven sucedendo ao longo dos tempos e ninguén ten a coraxe política precisa para rematar dunha vez con situación tan lamentable como inxusta, e mesmo humillante.
A alta estacionalidade só se pode remediar, ou cando menos paliar, cunha decidida actuación solidaria dos concellos que forman as comarcas mariñás, e aquí nos atopamos tamén cun muro infranqueable: o da mentalidade retrógrada, o localismo miope e a actitude individualista de quen rexen os nosos pobos.
Eses condicionantes tan nefastos fan inviable a imprescindible actuación que levamos anos reclamando e á que de xeito reiterativo nos temos referido.
Os nosos políticos, tan ben adestrados no uso interesado dos medios de comunicación, fártanse de facer declaracións (uns mais que outros, eso sí) altisoantes, nas que nin eles mesmos cren, desde unha óptica demagóxica e populacheira que nada aporta á sociedade, porque a eso queda reducida toda a súa verborrea. É dicir, viven nun permanente fraude ós cidadáns.
Para constatar a veracidade do noso aserto basta só botar unha ollada á hemeroteca:
“Un consorcio se hará cargo de la promoción turística de A Mariña. La entidad pretende que la organización y acciones conjuntas sean más operativas" (5-3-04)
“Los ayuntamientos ultiman una asociación de desarrollo turístico". (23-12-04)
“A financiación externa chegará coa creación do consorcio”. “ A. G. encargarase de facer as xestións para a creación do consorcio”.(1-2-05)
“Las entidades locales la consideran “imprescindible para impulsar el sector”. Los concellos prometen agilizar la asociación mariñana de turismo" ( 7-2-05).
“Se plantean en Fitur ofertas de “todo incluído” para la temporada baja. La creación de una asociación con empresarios y concellos facilitará la llegada de turistas”(29-1-05)
“ A Mariña y el Occidente astur se unen para la desestacionalización turística”. El alcalde de Viveiro capitanea un proyecto de promoción de toda la zona con la aplicación de nuevas tecnologías” (12-2-05)
“Ayuntamientos harán un consorcio para el plan turístico “Cantábrico Occidental”. El alcalde deViveiro negocia con responsables de Turismo en Madrid la puesta en marcha del proyecto” (30 - 4-05)
“La comarca ya tiene un consorcio para desarrollar el turísmo. La entidad funcionará cuando los 16 concellos implicados aprueben los estatutos” (7-5-.05).E decir, nunca.
Viveiro, Ribadeo y Foz potenciarán el sector en el occidente astur”.(7-10-05)
¿Qué se fixo de todo iso?
“Acudimos a Fitur sin presentar novedad alguna. La coordinadora de la promoción reconoce que la situación está “empantanada”. Pero ¿cando estivo doutro xeito?
É sabido que os políticos son incapaces de levar a cabo actuación solidaria algunha: o servilismo partidista e os intereses persoais; a crispación que reflicten dialécticas agresivas mesmo na orde persoal; as declaracións despectivas, cando non insultantes, etc., non propician o mellor ambiente para o encontro e o diálogo civilizado, do que deberían xurdir iniciativas e planeamentos de progreso e modernidade. E, claro, levalas á práctica, implicando en todo o proceso a determinados sectores da sociedade.
Á vista dos resultados da enquisa fálase de crear un “órgano de xestión a nivel comarcal”. E preguntamos, ¿quen formarían o mesmo? A experiencia acumulada dinos que dende logo non os gobernantes locais. Sería, unha vez mais, todo perdido.
Porque, pasados os anos, seguimos igoal.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES