Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Renunciar á industria

viernes, 10 de septiembre de 2004
Hai unha certa corrente de opinión que estima que no futuro o papel que lle queda á vella Europa é o de servir de destino ás correntes turísticas e culturais, de xeito que a tradición e a historia sexan os puntos determinantes sobre os que xire a economía occidental.

Quizáis por eso non nos sorprendamos demasiado cando resulta que unha fábrica de avionetas de Ribadeo se vai para Aragón porque alí atopa mellor acollida institucional, ou o proxecto de Ence para Pontevedra dunha fábrica de papel tisú para completar o ciclo productivo en Galicia ten forte oposición tanto institucional como privada.

Lembrando a incidencia olfativa da Celulosa en Pontevedra, como a de As Pontes de García Rodríguez, afortunadamente desaparecidas, compréndense as prevencións diante de calquera iniciativa industrial pola incidencia na paisaxe e na vida do contorno.

E as autoridades e particulares deben vixiar e esixir que se cumpran as condicións precisas para o respecto dos dereitos colectivos e individuais das persoas dese contorno, pero non renunciar a priori ás vantaxes que a industrialización ten para a promoción dunha comarca.

Renunciar á industria porque sí é un suicidio.

Seguro que nestes dous casos indicados non hai nada que mereza afirmación tan drástica, e que a "letra pequena" da situación presentará razóns que a razón ha de entender. Pero teñamos en conta que toda renuncia manifesta que algo falla no plantexamento ou na negociación.

Teñamos sentidiño. Porque de renuncias alegres poden vir graves lamentos futuros.
X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES