Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Vida e testamento de Facundo Cabral

lunes, 18 de julio de 2011
Á BEIRA DO CAMIÑO

Son admirador deste gran persoa, músico/místico arxentino (exiliado, na ditadura de 1973) canta/autor, poeta, trobador e profeta. Mesmo mártir!?. Un seguidor de Xesús, de Ghandi e de Teresa de Calcuta. Nomeado para o recoñecemento “Mensaxeiros da Paz” Un marxinal atípico. Desde o nacemento ata á súa morte. Foi asasinado, por error? en Guatemala, neste mes do Santiago. Hai só uns días. Non lle tiña medo á morte!

Resumo verbas e mensaxes da súa vertixinosa vida a xeito de últimas vontades: “Para ti, que vives a vida a un ritmo trepidante quero recordarche que o máis importante es ti...e os que te rodean! Recorda sempre que é urxente a palabra á que lle temos quitado e seguimos o seu significado.Tamén a nosa maneira máis pobre de vivir porque o día que nos vamos deixamos sen vivir as cousas que realmente eran urxentes. Urxente é que, agora, fagas un alto no camiño e te preguntes que significado ten o que estás facendo. Urxente é que sexas máis amigo, máis humano, máis irmán. E que saibas saborear o tempo que che pide un neno, un vello, un enfermo, un solitario. Urxente que, cada mañá, cando sae o sol, te empapes de calor e deas grazas ó Señor. Urxente que sintas que es fillo de Deus e te deas conta de que El te ama e quere verte feliz e cheo de vida. Lembra: Non estás deprimido, máis ben estás distraído. Deus non che prometeu días sen dor, risas sen tristura, sol sen choiva... pero El si che prometeu forzas para cada día, consolo para as bágoas e luz para o camiño. Cando a vida che presente mil razóns para chorar, demóstralle que tés mil e unha polas que sorrir. Dá sen medida e faranche o mesmo a ti. Ama ata te converteres no amado, no mesmísimo Amor. A vida non che quita cousas; libérate delas, alíviate para que voes alto e acades a plenitude. Non hai morte, hai mudanza. Deus púxoche un ser humano ao teu cargo: es ti e debes facerte libre e feliz. Despois poderás compartir a túa vida cos demais” Grazas. Non lles soa a semente, a lévedo e ao sal do Evanxeo de Xesús? Comparto este regalo, en lembranza e agradecemento a unha vida reconciliada consigo mesma.

Coido que vale a pena vivir así, meus amigos!
Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES