Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os últimos brindeiros de Forgas

viernes, 15 de julio de 2011
Os ltimos brindeiros de Forgas O primeiro domingo de xullo fun pregoar as festas de Muras, e desfilei na procesión do patrón ós sons dunha Banda municipal de gaitas, que me extrañou ver alí, tan lonxe da área de influencia de Foxo.
Por vestimenta, instrumental e estilo notábase que a Banda procedía da "factoría" que Xosé Luis Foxo iniciou en Cataluña e fixo cristalizar en Ourense coa Real Banda de Gaitas.
Logo comprendino cando me presentaron un murés que anda por Ourense empeñado en tarefas culturais, que me confesou que Foxo algo tiña que ver no tema.
Esto ven a conta coa existencia de áreas de influencia de determinados axentes culturais, e a área de Foxo é especialmente en Ourense con incidencia moi directa no sur da provincia de Lugo, e epicentro no seu Courel nativo.
Por onde pasa Foxo – o mesmo que outros dinamizadores culturais que afortunadamente Galicia posúe- descobre actividade, historia, actividade, vida en definitiva. Así existen filandóns, gárdase memoria de vellos cantos, publícanse antigas historias que necesitamos conservar. Porque non pode ser que esta riqueza cultural exista ou existise só nos lugares que coñecemos, gracias ós exemplos rescatadores dos que Foxo é un destacado membro. O que ocorre é que non todas as comarcas, concellos e aldeas de Galicia teñen un Foxo que saque á luz o que corre perigo de desaparecer, cada vez máis, xa que cada persoa maior que se nos vai é un anaco de historia e de cultura que nunca recuperaremos.
O dos brindeiros, é un caso singular entre a grandísima riqueza popular que temos por Galicia andiante. Porque este mundo, cada vez máis reducido, móstranos seres humanos especialísimos que inventan e reteñen, crean sobre a marcha, respostando ás pautas que os opoñentes propoñen.
O tema está de actualidade porque veño de intervir na presentación dun tesouro titulado “Os últimos brindeiros de Forgas”. E é unha sorte que Foxo non estea quieto nin un momento e extenda a súa actividade a terras máis amplas que o seu Courel natal, porque así puido facer esta homenaxe a Alvaro e José Veloso Valcárcel, irmáns, brindeiros, os últimos de Forgas no concello da Pobra do Brollón.
Trátase dun fermoso libro-documento, acompañado de cadanseu CD e DVD para deixar memoria da existencia destes homes de fidelísima memoria, improvisadores e recitadores, agora que un deles xa é historia, que Foxo rescata coa axuda da Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense.
Todo o que agora non se rescate, perderase pola natural evolución humana, na que cada vello do rural que morre é unha fonte informativa menos nun imprescindible censo que moi poucos se están ocupando de efectuar.
Moitos galegos da cultura popular, pouco a pouco, día a día, silencio a silencio, pasan ó definitivo esquecemento. Os últimos brindeiros de Forgas, gracias a Foxo, entran así na historia.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES