Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Manuel María da Terra Chá

jueves, 09 de septiembre de 2004
Chamábase Manuel María Fernández Teixeiro. Nacera na Casa de Hortas de Outeiro de Rei en outubro de 1929. Foi un dos poetas máis grandes que deu Galicia na segunda metade do século XX. Finou na cidade de A Coruña en setembro de 2004, un mes antes de cumprir os 75 anos. Galicia está de loito pola morte dun dos seus fillos máis queridos. Máis querido, porque co seu traballo e a súa adicación acadou mérito abondo para facerse querer.

"O Manuel", para os amigos. "Manuel María" para todo o mundo. "Manuel María da Terra Chá" (Hai unha Fundación con ese nome, na súa honra) para os lugueses e especialmente para os chairegos.

Os chairegos temos có Manuel unha débeda especial. Porque antes del non tiñamos conciencia de pertencer a unha terra, a unha "Chaira". E só había no centro do concello de Cospeito unha zona de colonización denominada "Tierra Llana".

E veu o Manuel. E escribiunos o "Terra Chá", que se considera a Biblia dos Chairegos, porque nos seus contidos intuímos Xénese, Éxodo, Números, Levítico e Deuteronomio... E deunos unha terra.

En xuntanzas de xeógrafos tense recoñecido que é a única vez na historia que un poeta crea unha comarca. Como se por pronunciar o seu nome, fose creada.

O certo é que a "Terra Chá" estaba ahí, e o Manuel acertou a apreciala, manifestala, erguela.

Morreu o creador da Terra Chá. O creador da idea da Terra Chá, que fixo nacer en nós unha conciencia colectiva de especialidade, de diferencia -nin mellor nin peor ca outras- que nos fai únicos no mundo nunha terra que aínda sendo plana "non hai xeito de medila cunha ollada", e que se queremos apreciar as súas dimensións físicas teremos que cuantificala en
"ferrados de corazón; fanegas de alma".

Fóisenos o Manuel. Quédanos a súa obra. Millóns de palabras, ferrados de agarimo, fanegas de amizade. Tiña un gran corazón, unha fertilísima creatividade, unha inxente capacidade de traballo, e unha apertura de mente de Galicia hacia o mundo e do mundo hacia Galicia, que fixo del un dos auténticamente grandes do noso tempo e da historia da nosa literatura.

Gracias, Manuel pola túa obra. Gracias, Manuel pola túa amizade. Gracias, Manuel por ser.

Quedas connosco, por sempre.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania