Calma eterna
Rivas Delgado, Antonio - jueves, 14 de julio de 2011
A folla non se abanea ao vento. Non hai vento. O pelo das mulleres si se bambea; pero non impulsado polo vento (non vai vento), senón pola inercia do seu corpo ao andar. E se van á présa, o seu abaneo é moito máis intenso.
Como intenso é o ruxir dun avión cando engala. Ou o bruar dunha vaca cando, no monte, bota de menos ao seu xatiño.
Intensidade nas cordas vocais dun rapaz que esgutiaba no alto de Sudalomba. Intensidade na figura dun arabesco que se reflectía nas augas da presa da Porfía. O banco está cravado na beirarrúa e un can atravesa a rúa detrás dunha cadea. Pobre can!, imaxino que anda á procura da liberdade.
Hai vidas que transcorren encadeadas sen tan sequera un replicar. A folla continua quieta porque esta calma semella eterna.
Rivas Delgado, Antonio
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora