A revista "Bolanda"
Fernández, Suso - miércoles, 13 de julio de 2011
Presentouse na Casa da Cultura de Foz o Nº 2 de Bolanda, revista da Asociación Cultural A Pomba do Arco, que se inícia cun Canto de presentación que dí: Aos pobos pásalles como aos seres humanos: o último que perden é a dignidade. Unha vez que a perden deixan de ser.Nela o historiador Xoan Ramón Pacio, presidente de A Pomba, fai un estudo encol da fidalguía focega e do vínculo herdeiro da Casa Grande de Marzán, con escudo de armas, dende o ano 1395 e a súa relación e vínculos coas casas do Fiscal de Nois, os Osorio Rebellón e As Abelairas de Cangas.
Javier Rivera en A caza da balea en Nois conta que éste uníuse co porto de Foz (1609) para desenvolver dita pesca na Idade Media, por en cuanto entre nós ha habido muchos pleitos y diferencias sobra la caza de dichas ballenas.e da industria do salgado, da que existen restos testemuños da mesma. A orixe do pobo, agrario e pesqueiro, pérdese na lenda.
Antón Niñe asina A escola de Fondós, na que é especialista, pois que o leva estudando con agarimo dende hai tempo. Convertida en gardería , foi creada en 1749 por Pascual Villapol, emigrado en Perú. Rechamantes as normas que dicta para a vida da escola, e as distintas funcións que acolleo aquel edificio que mesmo chegou a ser o cárcere do concello. De Villapol, único fillo de Foz que, dende a emigración, favoreceo ó seu pobo. ó dotalo dun importante medio cultural, en tan míseros tempos, nen unha humilde rúa lembra o seu nome..Cando os gobernantes locais deron en pensar, puxeron unha a Mikael Gorvachov.¡Xenial! É sabido: cando os políticos pensan hai que tremer. Fano poucas veces, iso é verdade.
Luis Cordeiro, onomástico de entrañable resoancia, arqueólogo, fala das sondaxes en San Martiño; Ramón Ermida e Mónica Pazos tran á memoria a figura miúda dun histórico do ensino, don Manuel Lugilde, e Ramón Eiras conta a brilante historia do Baloncesto local.
Un fermoso poema de Baixeras e, para muitos, o descobremento do Caxigueiro poeta, pechan o contido da revista pola que felicitamos á Pomba do Arco, cada unha de cuxas iniciativas son un exemplo de bó facer. O deseño e maquetación, a pulcritude da impresión e a ilustración, impecables.

Fernández, Suso
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora