Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Ilustración da Ilustración: O feminismo

miércoles, 13 de julio de 2011
Eu non entendo moi ben porque o home/muller cando teima unha temática perde os estribos e anda aló polos extremos desacougadamente. O feminismo tal vez sexa un caso que esixa consideracións sosegadas. Ninguén debería por en dúbida que, a esta altura dos tempos, resulte inconcebible que aínda se estea loitando por que a igualdade do home e da muller sexa un feito; e non o será mentres haxa que falar de cupos de mulleres para ocupar postos que habitualmente ocupaba o home. E saben por que?. Moi sinxelo: Porque, según parece, é o home o que CONCEDE estes cupos, e isto é vergonzoso e humillante para a muller.

Parece coma se foran desos favores que tanto babosean os políticos e increíblemente as mesmas mulleres dedicadas a política activa. Aquí a muller penso que debera impor correccións ós aberrantes e estraños razoamentos, nos que no fondo hai un sofisma, ou… é que tamén sería correcto e xusto establecer os famosos cupos para a incompetencia dun e doutro sexo porque as persoas que a encarnan sexan iguais ás mellor dotadas?.

Algo deben vir o caso, me parece, unhas palabras de Celia Amorós, no Prólogo a unha obra de Alicia H. Puleo, titulada “La Ilustración Olvidada”, publicada en Anthropos, Madrid, 1.993, que, traducidas ao galego, din así: “O feminismo constitúese así nunha forma peculiar de ilustración da Ilustración”. Fai referencia a prologuista a que a muller, no seo da mesma Ilustración, polo tanto, nos tempos da hexemonía da razón e defensa das liberdades, tuvo que reivindicar a súa condición de igual ao home, TUVO QUE ILUSTRAR ÓS ILUSTRADOS coas súas demandas en defensa dos seus dereitos e tuvo que esgrimir contundentes argumentacións a prol de todo iso, pois os mesmos ilustrados adoitaban manter dúas posturas ben diversas: Uns sostiñan que as diferencias entre os sexos implicaban diferencias xurídicas, e os outros cá igualdade entre o home e a muller era indiscuible Incluso no 1.900, Julios Möbius, discípulo de Wilhelm Wundt e Friederich Paulsen, escribiu unha obra titulada “Uber die physiologische Schwachsinn des Weibes” (“Sobre a debilidade fisiolóxica da muller”), que, tendo en conta que o termo “Schwachsinn” pode ser traducido por “imbecilidade”, é un verdadeiro insulto á dignidade da muller, impropio dun home culto. Hoxe a muller debería tamén ilustrar os nosos ilustrados, facéndolles saber que a igualdade de sexos é un feito que se avén mal coas CONCESIÓNS (de cupos, por exemplo).

Como di A.H.Puleo, na súa citada obra máis enriba, a igualdade da muller co home pasa por “diversas manifestacións literarias que ven o tema da relación entre os sexos un problema a resolver, ata a concreción deste malestar social nos cadernos de queixas das mulleres, nos proxectos lexislativos e no xornalismo femenino ou a militancia revolucionaria”, así pois, a pesar de todo, “a ilustración demostra ser o terreo propicio para a polémica, para as reivindicacións desa mitade esquecida da humanidade”, páx… 28, o.c. As mulleres sosteñen apaixoadamente que “xa non son frívolas, débiles e pasivas, senón dignas, enérxicas e activas”, polo tanto os homes debemos tratalas, en consecuencia, con sumo aprecio, ó que se fan acredoras incluso polo tino con que acostuman usar a razón sen maximizar o emocional, pero tamén sen esquecelo, “ilustrando” xa na Ilustración ós seus compañeiros da Humanidade de algo que aínda tardou ata o “Simposio sobre la producción del conocimiento”, o 19 de novembro de 2.009, en Valencia, para abordar unha noción da racionalidade “que incorpora no seu seo as emocións e unha gama de valores que non se reduce ós epistémicos”.

É dicir, o reducionismo da núa racionalidade xa o combatiron as mulleres, ilustrando ós ilustrados.

Nesta mesma liña di Rosa Pérez Ransanz que o brasileiro Ronald de Sousa “comenza analizando o alcance da nosa razón inferencial, a que chama “razón pura”, coas miras a mostrar que esta é incapaz, por si soa, de demostrar que crenzas aceptar e que cursos de acción seguir; o cal permite supoñer cás emocións, coma sinala Polanyi, virían “encher os ocos” que deixa a razón inferencial”.

E traigo aquí todo isto porque penso que nesta liña deberan seguir os planteamentos feministas, facendo uso do xiro practicista da razón, con exclusión das actitudes políticas infantís, algo que xa o escritor francés do século XVII, La Bruyére, noutro contexto, apuntaba cando escribiu que había que tratar só de pensar e falar xusto, sen querer levar ós demais o noso gusto e os nosos sentimentos, aínda que sexa unha empresa demasiado grande. Non son, pois de estrañar os desatinos dunha nova ministra española nestes mesteres do feminismo, porque, como di La Bruyére, que extrapolamos, “a empresa é demasiado grande”, ten moito contido para tan escaso continente.

Esperemos, pois, que as correntes epistemolóxicas das “novas sociedades do coñecemento” permitan consubstancializar a igualdade entre o home e a muller noutras leiras culturais, donde sexa posible “realizar de maneira lexítima xuizos de superioridade epistémicos entre diferentes prácticas epistémicas e o seus resultados (todo isto relativo o coñecemento considerado científico), aínda que pertenzan a marcos culturais distintos e incluso incomensurables, sempre e cando compitan para comprender e resolver un problema que é coñecido como tal dende o punto de vista de cada unha das prácticas en cuestión” (León Olivé). Con paréntesis meu, o texto ven traído aquí con unha certa descontextualización; pero co que eu quixera que se quedaran os lectores é con que naquelas sociedades nas que hai coñocementos que coexisten cos científicos non deberan ser marxinados na problemática do feminismo, senón valorados, porque permiten poñer en xogo as perspectivas emic e etic neste caso, algo moi necesario se queremos “globalizala”. (Discúlpenme que non explique os termos “emic” e “etic”, porque xa teño dedicado un artigo a isto neste medio).

Sen embargo, pretender a igualdade de sexos, non quere dicir, nin moito menos, UNIFORMAR, nuns casos, ou IDENTIFICAR, noutros, porque cada cultura conta cos seus propios parámetros de comparación, e polo tanto, non hai que descartar que as mulleres dalgún marco cultural non se consideren libres, senón dunha forma diferente, vinculadas a outros modelos de familia que os occidentais non comprendemos dende unha perspectiva allea á delas, e con papeis aceptados de bo grao, ós que non estarían dispostas a renunciar. Basta pensar que non estarían dispostas, seguramente, a que o seu rol de nais se vexa interrumpido polo traballo, pois no caso de que as substituira o pai “institucionalmente” considerarían que sobra racionalidade instrumental e falta complementariedade emocional.

A verdade é que eu descoñezo a existencia de estudos documentados para determinar o alcance nos nenos/as de pouca idade do impacto dunha “socialización”?! demasiado temperán nas garderías. Non obstante, todo isto ten unha estreita relación cun concepto da igualdade de sexos desbordada, aínda que sexa motivada na maìoría dos casos para gañar un soldo destinado a cubrir necesidades secundarias e artificiosas, creadas por unha sociedade do consumo desmedido, na que hai que traballar para poder consumir e consumir para ser coma os demais, é dicir, estas sociedades chamadas do progreso, impoñen comportamentos en circo vicioso: gañar para vivir gastando e gastar para que haxa ofertas de traballo.

Por conseguinte, a muller non é igual o home tanto polo que fai coma pola liberdade de decidir como, cando e onde o fai, e esta liberdade pode verse comprometida por os histerismos que desencadean as presións sociais xeradas por unha falta da “racionalidade axeitada”, sobre a que habería que falar bastante, posto que nunha cultura pode ser considerado coñecemento fiable o mesmo que pode ser considerado fantasía polos membros doutra cultura.
Rubal, Pedro
Rubal, Pedro


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES