Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Benvida, Ms. Europa!

viernes, 15 de julio de 2011
Despois da segunda Guerra Mundial, os americanos foron para a vella Europa unha taboa de salvación que puxo en marcha unhas economías maltreitas, non aproveitando España un Plan de desenvolvemento que quedou fixado para a nosa intrahistoria coa magnífica película “Bienvenido Mr. Marshall” do inesquecible Luis García Berlanga.
Daquela, Usa era a salvación de Europa. Anos despois, Europa a salvación dos paises que nela se integraban, entreles España que, se ten que pagar importantes cánones pola súa pertenza, tamén disfruta de innegables beneficios.
Un deles, ata agora, as importantes axudas que Europa viña aportando ás rexións subdesenvolvidas, entre as que se encontraba Galicia, aínda que a piques de desaparecer esas subvencións ó mellorar o nivel de vida do noso país en relación coa riqueza media dos paises da comunidade, rebaixada cada vez que entra como novo membro un país de baixo nivel económico.
Como Galicia – e no mesmo caso están Castilla-La Mancha, Andalucía e Murcia- superan o 75% da renda media dos países da unión, estaba previsto que as sustanciosas axudas que a Unión Europea facilita desaparecesen en 2013, sen posibilidade de prolongación, xa que outras rexións presentaban un maior nivel de necesidade de atención para o seu desenvolvemento.
Galicia aspiraba, como todas as rexións que progresaron á forza de ingresar outras menos desenvolvidas, a que a caída non fora tan brusca, e que se o 2013 desaparecían as axudas, se establecese un período de transición, para que se puidese producir un aterraxe suave e non un desplome tan estrepitoso.
Nesta ocasión, parece que pintan ben os temas para Galicia e as rexións en similar situación, xa que aínda que superan o 75% da renda pero non chegan ó 90 por cento, a Unión Europea vai crear un novo concepto – Rexións de transición – para estes casos de progreso sen progreso, de mellora relativa, e proporcionar durante un período que rematará o próximo 2020 unhas axudas que no caso de Galicia van superar os cincocentos millóns de euros anuais (514 millóns/ano), e suporán arredor das dúas terceiras partes do que nestes momentos está a recibir.
O problema, que existe, de desaparición das axudas comunitarias adíase no tempo, e ven proporcionar unha relativa tranquilidade en relación co noso inmediato futuro, alomenos por este lado.
Mr. Mrshall, como sinónimo de axuda exterior, do amigo americano, resultou un completo fracaso. Neste caso, Ms. Europa é moito máis real; moito máis rendible.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES