Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Chegar a mileurista

miércoles, 13 de julio de 2011
Moitas veces, nos medios de comunicación, falamos de “mileurista”, a persoa que chega a percibir mil euros mensuais netos polo seu traballo como un traballador con soldo básico, pouco máis que os que perciben o que sempre se chamou “Soldo mínimo”. E nalgunhas zonas desenvolvidas do Estado español os mileuristas son, afortunadamente, escasos.
Non obsgtante, todos nós, os galegos, os que traballamos dentro de Galicia sabemos moi ben o que significan mil euros, que moitas veces esquecemos que corresponde a 166.386 das antigas pesetas. Aínda que nada ten que ver a escala de valor que daquela manexábamos coa de hoxe, que a entrada do euro nas nosas vidas trastocou absolutamente todo, e fixo encarecer os precios dun xeito brutal, bastando para calibralo saber que todo o que costaba hai case unha década cen pesetas pasou de repente a costar un euro, cun aumento dun 66% que pasou desapercibido para todos, aínda que agora si que nos damos conta daquela tremenda subida.
Só extremadura e Cantabria teñen, no panorama español, soldos máis baixos que en Galicia segundo ten averiguado o Instituto Nacional de Estadística. E para Galicia establece que os soldos brutos da maioría dos traballadores galegos andan de media polos 19.000€ ó ano, a razón de 1.350 euros brutos mensuais repartidos en catorce mensualidades, que cos correspondentes descontos veñen dar un soldo mileurista. E así, ou peor, andamos o sesenta por cento dos traballadores galegos.
Dúas novas veñen colisionar con estes datos para complicar aínda máis o entendemento do noso panorama laboral, pois dunha banda resulta que tamén segundo o Instituto Nacional de Estadística as galegas que traballan cobran de media arredor de catro mil quinientos euros ó ano menos que os homes traballadores. Neste caso, son as comunidades de Extremadura e Canarias as que quedan por detrás, situándose Galicia polo tanto en lugar moito máis que modesto na escala das autonomías españolas. E complétase e complícase este noso panorama coa nova de que a cesta da compra en Galicia subíu, desde comezos da crise, seis veces máis ca os soldos.
Chegar a mileurista en Galicia, especialmente sendo muller, é difícil. E os mileuristas tamén o teñen difícil para chegar a fin de mes. O malo, o peor, son os moitísimos galegos e galegas que aspiran a mileuristas sen conseguilo.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania