Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pranto polo Calixtino

lunes, 11 de julio de 2011
Agora que desapareceu, descubrimos ou lembramos os galegos que o Codex Calixtinus ven ser como as nosas “Taboas da Lei” e que neste pentateuco está escrita a crónica áurea do nacemento dunha idea de Europa artellada entre vellas terras que deron en acoller a milleiros de persoas que acudían á fin do mundo na percura do perdón, coas ánsias da fe.
O Códice Calixtino, con case mil anos de existencia, acredita que no século XII existía xa unha idea de Santiago como meta da peregrinación, e o gran Camiño que seguía na terra un regueiro de estrelas que no ceo chamamos Vía Láctea, foi o Nilo que encheu de vida o extremo oeste da vella Europa.
Considerado de xeito especial un símbolo relixioso, estaba custodiado na Catedral de Santiago, vese que con non todas as posibilidades da técnica, pero coa súa desaparición descubrimos que é unha xoia irrepetible, que Galicia necesita este libro como unha columna vertebral literaria, como un elemento físico simbólico do noso ser e sentir.
Toda Galicia lamenta a desaparición do Códice Calixtino, téndose comparado o seu valor co do mesmo Pórtico da Gloria, e coa Catedral de Santiago, sen que caiba comparación real de ningún tipo, xa que cada un destes elementos é emblemático, simbólico, vital para a nosa arte, para a nosa historia, para a nosa fe en Galicia e nos galegos.
Claro que a vida segue, como ocorre con calquera desgracia que nos aflixa. A vida en Galicia ten que seguir, confiando en que o Calixtino sexa recuperado para que, dentro deste ano simbólico dos oitocentos que cumpre a Catedral, volva brillar como estrela de magnitude sublime no noso ceo das artes, e comece unha nota etapa onde todos o coñezamos, respetemos e defendamos.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES