Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Axustar o cinto

lunes, 11 de julio de 2011
Axustar o cinto e reforzar o gasto social

Parece que se vai impondo o “sentidiño común” nesta nosa Terra das contradicións e os absurdos. Custa enfrontar a realidade actual que se mostra contundente: 68.500 galegos precisan axuda alimentaria, o 18% sofre pobreza severa e o 7% coa media de tres euros ó día. O paro está a facer estragos. Na cidade e no rural. Imprescindible facer memoria.

Estamos a falar da crise que está a medrar cada día que pasa. Da arrepíos constatar a cantidade de famentos que nos mostra Cáritas e mirar, cos nosos propios ollos, os miles de persoas (inmigrantes e nativas) á procura de comida ás portas dos centros solidarios de atención aos pobres espallados polos barrios das nosas cidades e vilas.

Por iso damos a benvida a eses cativos pero significativos xestos de solidariedade que van xurdindo nalgúns concellos rebaixando soldos nas súas corporacións, aforrando luz pública, suprimindo inversións en festas, comidas, orquestras, foguetes, festivais e concertos e as subvencións institucionais ou comunitarias, totalmente innecesarias.

Moitos cartos se levan queimado de mala maneira. As nosas festas, do rural, das vilas e cidades, semellan montaxes para competir, presumir ou xustificar gastos. Soa a bombo e a ignorancia, a hipocrisía e sarcasmo, o xeito que se inventaron outros por nós para nos divertir e investir o diñeiro público mentres moitos irmáns nosos están a pasar fame. Este sistema ten de se acabar. Por coherencia co ser de persoas humanas. Por qué non volvemos á sinxeleza cívica e convivencia harmoniosa dos nosos maiores? Por que deixamos de sermos nosoutros os protagonistas das nosas festas!? Cando seremos donos do noso!? Ten de se notar nos centos de festas que van encher de ledicia, perante o verán, a nosa festeira, fermosa e acolledora Galiza.
Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES