Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Esmoleiros de Xermade

viernes, 08 de julio de 2011

1. O ESMOLEIRO DE SAN LÁZARO ( A VEIGA) (SAN ANDRÉS DE LOUSADA).
Atópase ao carón dunha estrada local, que pasa pola Veiga (Lousada), e continua por outras parroquias deste concello e doutros limítrofes.
Trátase dunha construcción realizada en arxila e cemento, que foi mandada construír no ano 1952 por Aquilino Otero, natural deste lugar e emigrante en Cuba, onde acadou unha gran riqueza.
O monumento consta de tres corpos. O corpo inferior, de forma paralelepípeda cuadrangular, amosa un peto metálico, onde os devotos introducen as súas esmolas.
O corpo medio presenta un fornelo rectangular e fondo, cun arco escarzano na parte superior, que está resguardado do exterior por unha porta de madeira e cristal. No seu interior atópamos unha nova imaxe mais neste caso do Cristo Nazareno, colocada nesta última década.
O corpo superior está formado por unha cuberta , de tixolo e cemento, a dúas ESMOLEIRO DE SAN LÁZARO augas. Pola súa banda, o tímpano está provisto dunha placa triangular de mármore branca, onde se se lee a seguinte inscrición: “ J. N. / R.I. / DONADO POR / AQUILINO OTERO / Y SU ESPOSA MARÍA PALOMINO/ 1952” /
Deste esmoleiro ao igoal que do Santo Cristo do Guerreiro fai alusión Nicanor Rielo Carballo do seguinte xeito: “….y dos petitorios en el lugar da Veiga”.

2. O ESMOLEIRO DO SANTO CRISTO DE GUERREIRO (A VEIGA) (SAN ANDRÉS DE LOUSADA).
Atópase ao carón da estrada local ( CP-65-9), que pasa pola Veiga (Lousada), e continua por outras parroquias deste concello e doutros limítrofes. Está situado nun cruzamento de camiños de Armil á Veiga e do Pazo a Vilachá.
Este esmoleiro, de cachotería, tixolo e cemento, foi realizado no ano 1900. Mandouno construír Francisco Guerreiro e a súa dona Rosa Guzmán, veciños de Armil (Lousada). Na parte dianteira da construcción atópase unha placa de mármore branca onde aparece reflectida a seguinte inscrición en galego: “ LEMBRANZA HONOR E GLORIA A / FRANCISCO GUERREIRO CINZA / A SUA DONA ROSA GUZMÁN / VECIÑOS QUE FORON DO LUGAR / DE ARMIL. SUS NETOS / REPARAN OS RECORDOS / DEIXADOS POR ELES CRISTO / DE GUERREIRO NESTA / ENCRUCILLADA E NOSA SEÑORA / DOS DOORES NA EIGREXA / DO PAZO LOUSADA PAZO VEIGA / XERMADE. LUGO – 9 – X -90 / D. E. P.”/. Por riba da placa de mármore hai un fornelo rectangular, de pouca anchura e hondura mais bastante longo, que amosa unha ventá de aluminio e cristal. No seu interior hai unha cruz primitiva, de madeira, que ten un eixo lonxitudinal moi alongado. Este chega ata a parte inferior do petitorio, tamén oco, ao ser unha proiección do fornelo, onde os devotos deixaban cartos, velas e flores. Na intersección dos eixos da cruz hai un Cristo de metal dourado, que foi renovado polos netos dos artífices da construcción. O esmoleiro remata nunha cuberta de lousa a dúas augas, que forma un frontón triangular, figurando no tímpano o ano de construcción do petitorio: 1900.
Neste petitorio houbo dúas imaxes pequenas no fornelo, relacionadas coa Sagrada Familia, que desapareceron dúas veces. A primeira, durante a guerra civil mais foron reincorporadas ao remataren esta. A segunda, acaeceu anos despois e, no intre actual, non se sabe nada ao respecto.
Nos lugares de Penadedra (San Fiz de Paz) e Xerbolés (San Salvador de Mosteiro), pertencentes aos antigos concellos chairegos de Outeiro de Rei e Pol, hai dous esmoleiros, adicados á Virxe dos Remedios e a Santa Mariña.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania