Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Inermes

martes, 07 de septiembre de 2004
Fai falla moi pouco para que se evidencie a nosa fraxilidade como humanos diante das forzas desatadas da natureza.
Ocorreu o pasado domingo, pola tarde, en diversos puntos de Galicia.
Na Terra Chá e na Limia foi o pedrazo; en Vigo, un temporal.
Para o sábado pola tarde anunciáronse treboadas que efectivamente se produciron e se repetiron o domingo.
O pedrazo, saraiba ou granizo, acadou tamaños desusados e arrasou cultivos -especialmente millo-, froita e todo tipo de árbores.
E nós, humanos de comezos do século XXI, non temos outra defensa diante da Nai Natureza que o abrigo das construccións que erguemos para habitar, e a posibilidade de tomar algunhas precaucións protectoras derivada da previsión temporal que se nos efectúa cun marxe dalgunhas horas.
Poden os avances da ciencia darnos sensación e efectos de progreso; poden os tempos modernos darnos tranquilidade diante do presente e aínda do futuro; pero cando a Natureza se inventa un "Frances" ou simplemente abre as comportas da súa forza incontible dámonos conta de que somos uns ninguén, expostos coma sempre ó que nos veña do ceo, temendo -coma sempre; coma os galos de Asterix- que o ceo se derrumbe sobre as nosas cabezas.
En fin: Que o tempo -especialmente o mal tempo- ven poñer as cousas no seu sitio, e dicirnos que nos falta aínda moito para ser os Señores deste mundo.
X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES