Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Amor vexetal

jueves, 07 de julio de 2011
Coidadiño co que escribes, díxolle a folla de loureiro ao caxato de carballo.

Ao dicilo, os dous deixaron escapar un sorriso de complicidade e o caxato escribiu sobre o vento que fungaba e que bambeaba, aos dous, nun baile de cariño e coa esperanza ao seu alcance.

O caxato de carballo escribiu sobre o raio de sol que acaricia á folla de loureiro e sobre o canto do pardal que pousou nas súas pólas.

A folla de loureiro esbirrou para que a súa impresionante fragrancia alcanzase de cheo ao caxato de carballo. Este entendeu a mensaxe e marchou correndo para escribirlle catro versos sobre o tronco do castiñeiro.

Agora si me gusta o que me escribes, volveu dicirlle a folla de loureiro ao caxato de carballo.

E o vento xuntounos nun bico vexetal eterno.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania