Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Unha comedia da esquerda “light”

miércoles, 06 de julio de 2011
Desde o Preguntoiro

Apareceu estes días polos medios de comunicación un manifesto de intelectuais e artistas reclamando “ a reconstrución da esquerda”, falan do desacredito da política e corrupción da vida democrática. Este grupo de artistas crense que a maioría da xente ten amnesia esquecendo que moitos deles contribuíron a presentar ao PSOE nas xerais do 2008 como a única e auténtica alternativa de esquerdas. Non encanto, os feitos demostraron xustamente todo o contrario e agora queren arranxar a desfeita con manifestos, sinaturas e apoios.

No deixa de ser todo isto moi estraño saír con este panfleto despois de o malparado electoral do PSOE , saen agora dicindo que hai que atopar “novos horizontes para a esquerda”, cando consentiron durante estes últimos anos que este goberno entregárase por enteiro con bicos a apertas á patronal, ás altas finanzas europeas e ao FMI.. Por iso non me fío un pelo destes intelectuais e artistas da “cella”, dáme moito a entender que isto fede a novas estratexias de máis do mesmo con distintos nomes. Tamén chégame un cheiro moi rancio nese manifesto a unha liña programada do futuro candidato do PSOE nas vindeiras Eleccións Xerais, Sr. Rubalcaba.

Desde o meu punto de vista, non atopo moita sinceridade nese manifesto si ollamos a moitos asinantes, onde a súa andaina sempre foi de apoio ao primeiro converso que lidera o Goberno, contemplando en silencio tódalas medidas antisociais que está acometendo. Algúns destes asinantes non teñen ningunha autoridade moral pretendendo que compartamos ese “programa“ tan sutil feito á medida dos mesmos que están a facer a desfeita neste país: os mesmos cans con distintos colares. Todo isto paréceme moi esperpéntico. A vida real para millóns de parados non é unha película nin unha comedia, é unha traxedia.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES