Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Ai cando se volvan!

Muñiz, Ramón - miércoles, 06 de julio de 2011
Os amedrentados/Os desposeídos/Os asasinados/Os resucitados/Unidos
De súpeto se volven/Ah cando se volven/Ai cando se volvan
(Rafael Alberti)

Máis alá dos efectos económicos directos sobre a cidadanía que a filosofía do establishment ten para resolver a crise actual, que non é outra que salvar aos ricos a costa de precarizar a gran parte das crases medias e empobrecer ás baixas con masivos despidos, paro, baixos salarios, quebra das pequenas empresas, afogo do reducido comercio, privatizacións dos servizos públicos, desmantelamento das políticas sociais, etc, están as consecuencias sociais que isto provoca, que de non porlle remedio conducen a unha auténtica desfeita convivencial.

Diante da situación de precariedade e empobrecemento cidadán á que nos conduxo a crise, o primeiro que sucede é unha “fase de resistencia”. A xente que se atopa nesta tesitura ten que buscar estratexias de continuidade de vida en diferentes condicións e mesmo de subsistencia ou sobrevivencia. Para elo, nos casos de precariedade, cambian as súas opcións de vida, os seus proxectos de futuro, reducen gastos, apúntanse a un decrecemento; nos casos de empobrecemento recorren a axudas institucionais públicas ou privadas, á economía sumerxida, apoios familiares,etc, e no pior dos casos asumen condutas delitivas ou, no menos malo, chamémoslle improcedentes, como no curioso feito de penetrar unhas persoas en colectores de papel para baleiralos e vendelos por conta propia para o seu reciclaxe, revelador de a que extremos chega a penuria dalgúns.

Nesta etapa, na que permanecemos dende fai uns anos sen visualizarlle solución de continuidade, provocou unha segunda “fase de contestación” expresada nos chamados indignados que irromperon en escena o 15 M coa súa frase máis emblemática de “non nos representan” que non significa outra cousa que unha dura crítica ás forzas políticas parlamentarias maioritarias incapaces de exercer as súas responsabilidades co seu pobo para supeditalas aos ditados dos mercados contra ese pobo. Unha fase de mobilización pacífica de milleiros de cidadáns cun apoio moi xeralizado que esixen, fundamentalmente, un cambio de filosofía política que teña como eixo salvar a economía dos cidadáns a costa de domesticar ao capitalismo salvaxe que os devora, tomando as decisión políticas que fosen
necesarias para elo.

Resistencia e contestación, pois, é na etapa que nos atopamos, pero témome que se nun tempo prudencial a xente observa que seguen sen conseguir nada deste xeito, que aos poderes públicos non lles preocupa esa estoica e ordenada resistencia, nin tampouco ese inocuo pacifismo, e desprezan como simpáticas pero pueriis, absurdas e populistas as iniciativas dos indignados (o que resulta grotesco cando as súas non deron ningunha solución) chegará un momento no que a pacienza cidadán se esgote, máis aínda se as cousas en lugar de mellorar empeoran, e pasarase, entón, a unha terceira “fase da agresividade” na que a indignación tornarase en desesperación, e o pacifismo xa non terá ánimo para parar unha violencia (véxase Grecia) que ninguén desexa, pero que será o único que queda de resposta cidadán á intolerancia mantida por uns dirixentes políticos, incapaces de identificarse co seu pobo ao que pertencen, representan e, polo tanto, deberían defender fronte aos rentistas e especuladores que o asoballan.

Se o poder político continúa indiferente e displicente diante desta situación, e non pon os medios democráticos para evitar esta última fase, xa nada será igual, e a desfeita convivencial da que nos referiamos ao principio, “o abismo insalvable” do que falan os indignados, estará servido.
Muñiz, Ramón
Muñiz, Ramón


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES