Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pxom para todos

viernes, 08 de julio de 2011
Cada concello ten que contar cun Pxom, Plan xeral de ordenación municipal, ó que suxeitar todos os comportamentos e decisións en materia de urbanismo, entendido no seu máis amplo sentido. E todos eles, os 315 Pxom, deben estar coordinados, todos de acordo coa normativa autonómica correspondente, para que non se dean desfases, distintos tratamentos ou desigualdades en calquera dos puntos de decisión dos concellos galegos.

Pero a situación dista moito de ser esa, desexable, esixible, imprescindible. Dos 315 concellos galegos, tan só un 18%, 53 concellos, teñen agora mesmo o seu Plan Xeral adaptado á normativa vixente. O 62% dos concellos galegos está redactando, estudiando, un novo Plan acorde cos tempos e a lexislación vixente. E quedan 68 concellos, que veñen ser un vinte por cento do total, que non teñen Plan Xeral, xa sexa porque nunca o tiveron, ou porque está suspendido ou foi anulado.

A situación, que dista moito de ser normal, ven de ser estudiada pola Xunta de Galicia, e o seu presidente anunciou que o organismo autonómico investira ata corenta e tres millóns de euros en axudar ós concellos neste proceso necesario e urxente de dotar a todas as institucións locais dun Plan xeral, poñendo como límite o próximo ano 2015.

Cabe preguntarsde que está a pasar en boa parte dos concellos galegos cando se trata de efectuar unha obra, de planificar un desenvolvemento ou de levar adiante calquera iniciativa de tipo urbanístico. Porque se da totalidade dos concellos só 53 teñen perfectamente planificado o futuro do seu territorio, o resto colócase nunha forzosa situación de provisionalidade que coarta o seu desenvolvemento e pon en risco as iniciativas dos particulares.

É imprescindible que todos os concellos posúan un instrumento de presente e de futuro como o Plan Xeral municipal. E aínda que sotto voce indícase que goberno municipal que afronte un Plan Xeral, goberno que non repite e perde as seguintes eleccións, hai que poñer a responsabilidade por diante de calquera aspiración partidaria e traballar con visión de futuro, que o porvir depende sempre do que se faga agora mesmo por parte de todos.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES