Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Incendios forestais

jueves, 07 de julio de 2011
Cando se decide efectuar unha investigación, acábase por descubrir o que se coidaba un misterio. Cando a sociedade ten un problema, se comete un acto punible ou xurden acontecementos que hai que esclarecer, os poderes públicos teñen ó seu dispor medios para investigar e chegar a conclusións solventes en relación coas causas e os axentes, menos – polo que se ve – cos incendios forestais.

En tempos, críase firmemente que o lume nos montes era causado polos galegos do rural en vinganza porque a Forestal lles tivese quitado os dereitos sobre os montes comunais para efectuar plantacións que en moitos casos non prosperaron, e que serían o obxecto directo dos ataques duns pirómanos supostamente domésticos.

Outra lenda –rural e urbana- implicaba ós madereiros, ou a determinados madereiros que, causando incendios forestais, podían mercar moito máis barata a madeira, que a efectos de utilización sería igual de válida pero de moito máis difícil venda polo aspecto dos troncos queimados.

Pero desto hai moitos anos, e os montes seguen a arder. Certo que arden primordialmente cando as condicións atmosféricas son as máis propicias, cos golpes de calor, coas primeiras calores como acaba de pasar e, en definitiva, durante o verán. E estes incendios provocan cuantiosísimos gastos xa non só derivados dos propios lumes e os seus efectos ou dos custos dos servicios de extinción senón tamén das prevencións, das dotacións humanas e materiais postas ó dispor da loita antilumes, dos servizos de vixiancia, terrestres ou aéreos; todo un dispositivo que seguro a Xunta poderá cuantificar por ser a súa responsabilidade aboalos.

Sabemos, pois, que hai incendios, que hai que prevelos e extinguilos. Pero seguimos sen saber, con exactitude, quen ou que os causa. Na pasada vaga de calor pasaron de douscentos os lumes. Moitos, fortuitos. Moitos, provocados por descuido. Moitos, intencionados.

¿Hai unha trama do lume aínda en Galicia?¿Hai tantos tolos soltos como para provocar incendios a centos?. ¿Ou temos que conformarnos que un pais esencialmente verde coma o noso arda cada vez que o termómetro chega ós trinta grados?. A solución, un século destes. Que ninguén parece ter moito interese en poñer claridade nun tema tan pouco claro.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania