Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Decisión portuguesa

miércoles, 06 de julio de 2011
Andan os veciños portugueses tomando decisións de cara ó futuro co fin de acomodarse ó que xa todos temos asumido de contención de gastos, harmonización económica, e supresión ou diminución drástica do déficit público.

As decisións que en Portugal se toman, por puro dinamismo social e cercanía física, repercuten moi directamente en España e de xeito singular en Galicia.

Non afectan demasiado as pretensión do goberno portugués de reducir días festivos ou trasladar estes para eliminar pontes, que eso xa aquí sabemos o que é desde que o Xoves de Corpus se celebra en Domingo. Pero o que si afecta é a decisión de suspender o previsto tren da alta velocidade entre Lisboa en Madrid, cando tantos esforzos costou plantealo e xa diversas obras están en marcha máis acó da xa inexistente fronteira.

Seguro que o novo goberno portugués está colmado de razóns para esta toma de decisións unilateralmente, que deixa descolocado ó noso goberno. E é difícil ver un aforro nunha decisión como esta sabendo que as infraestructuras son ferramentas imprescindibles nun futuro próximo, que condicionarán de xeito decisivo a actividade económica que se pretende dinamizar.

Nun tempo coma este, no que se esixen desprazamentos rápidos para o traballo ou o lecer, renunciar a unha comunicación rápida e segura entre as dúas capitais da península Ibérica parece querer pechar os ollos á realidade e comenzar os recortes polo máis doado pero tamén polo máis sensible e perigoso.

Para Galicia xa é moi mala noticia que os portugueses renuncien polo de agora á liña que de Lisboa viña a Oporto e desde alí a Vigo, garantindo unha conexión ferroviaria que se estima imprescindible para a vertebración do Eixo Atlántico que formamos os dous paises, chamados a unha moito maior relación e trasvase de xentes e mercadorías.

Certo que as decisións, máis se son súbitas, poden modificarse. Esta debería ser obxecto de estudio por parte dos dous paises, calcular pros e contras, e volver sobre o tema de xeito máis ponderado sabendo que sin as comunicacións modernas e rápidas non existe futuro, alomenos o futuro que todos desexamos e necesitamos.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania