Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Vacacións

martes, 05 de julio de 2011
A estas alturas do ano xa moitos estamos de vacacións ou pensando nelas… Para quen?, habería que preguntarse.

Loxicamente para quen as merece, para quen traballou ao longo do ano ou do curso, e para quen as necesita. Non lamentablemente para quen está prostrado no leito da dor e para aqueles que atenden aos enfermos, anciáns e impedidos. E, por suposto, tampouco para quen non ten traballo.

Aínda así, para aqueles que as poden disfrutar, atrévome a suxerir a modo de decálogo, neste caso incompleto, que as aproveiten para:

1º Descansar. O corpo e o espírito necesita acougo. Hai que romper coa tensión dos horarios e os compromisos aos que nos sentimos obrigados no resto do ano.

2º Relacionarse. Habería que aproveitar o tempo libre para visitar, falar ou estar, diríamos “a tempo perdido”, con aquelas persoas que apreciamos e apenas tivemos tempo para vernos con elas.

3º Cultivar as afeccións ou “hobbies” que temos aparcados ao longo do ano, precisamente por falta de tempo, e que tanto nos benefician psicolóxica e fisicamente.

4º Facer exercicio. Aínda que só sexa andar. Un método saudable é deixar o vehículo particular aparcado, andar e, en caso de necesidade, utilizar o transporte público: aforramos combustible, contaminamos menos e estamos en forma.

5º Ler. Seguro que temos libros na casa, ou que deixamos unha novela a medias, ou mesmo que pasamos por unha librería e nos chamou a atención algunha publicación recente. Unha boa lectura alimenta o espírito e ensancha a imaxinación.

6º Ser solidario. Hai persoas que están moi soas ou que necesitan axuda ou compaña. Que bo sería dar gratuitamente parte do noso tempo libre. Seguro que recibiríamos moito máis do que ofrecemos.

7º Orar… Si, dixen ben. Porque as vacacións préstanse a ver máis aló do que é rentable e produtivo, máis aló do que resulta vistoso e nos atrae pola aparencia. Quen intenta ver máis aló do aparente, trata de entrar no seu interior e afonda na realidade que o circunda, facilmente se encontra co misterio que encerra en si a mesma vida, a natureza e o universo; é dicir, co mesmo Deus. Desde aí só hai un paso para dicir “grazas” ou “loado sexas polo sol, pola lúa, pola auga, polo lume, pola terra…” ao estilo de san Francisco de Asís.

E sempre, xa nos quedemos na casa ou viaxemos, respectar, valorar e ser agradecidos coas persoas que, para que todo funcione, non teñen vacacións e están ao noso servizo.
Felices e proveitosas vacacións, amigos.
Rodríguez Basanta, Antonio
Rodríguez Basanta, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES