Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O Rexurdir de Portomarín

lunes, 06 de septiembre de 2004
A "Vila Xardin" (sobrenome do rebautizado Portomarín debido ás zonas verdes que posúe e á riqueza monumental que herdou do vello pobo) volve a vivir, polas mesmas razóns que noutrora o fixera famoso: ¡O Camiño de Santiago! Volvemos ás orixes.

E tamén á historia. ¡Quen nolo ía dicir hai uns anos!. Nin os máis optimistas, (incluído D. Elías, o cura resucitador do pobo do Cebreiro e o Camiño), podiamos maxinar as enormes riadas de peregrinos que aledan as rúas de Portomarín, enchen de culto/fe a Igrexa/fortaleza de San Nicolás e comparten vida/festas e os domingos folclóricos cos parroquianos e a maioría pernocta nalgún dos albergues ou establecementos da vila e os seus arredores. ¡Moitos máis peregrinos e mellor acollidos ca nos vellos tempos!.

Portomarin foi un dos fitos máis importantes do Camiño francés. A 12ª etapa do Códex Calixtino. Houbo moita vida, sobre todo dos século X ó XVI. Monxas no Mosteiro de Santa Mariña, hospital e lazareto en San Pedro, o hospital de San Xoán (fundado, no ano 1126, por Pedro o Peregrino, o mesmo que arranxou tamén a ponte romana con doacións de Dona Urraca), os freires santiaguistas (hospitalarios), vinculados ó hospital e que edificaron o templo/fortaleza de San Xoán no séc. XII (máis tarde rebautizárono co nome de San Nicolás), a Orde de Santiago (fundada o día 1º de agosto de 1170, con sede en Sta.María de Loio) que recebeu de D. Pedro Arias (comendador de Portomarín) o burgo "para atender o hospital e ós peregrinos" e a Encomenda cunha manchea de foros, donacións e posesións espalladas pola Zona e por Galicia enteira que axudaron a manter o famoso Hospital ("Domus Dei", a Casa de Deus) que aínda algúns ollamos.

Esa foi a súa rica historia. O pasado xoves, gracias á feliz idea dos encargados das festas deste ano, levouse a cabo unha entrañable homaxe (Misa e Mesa incluídas) ós homes e mulleres que naceran e viviran perante varios anos (ata o 1963) no vello Portomarín para que, sen morriñas e lembranzas estériles, reviviran algúns dos fermosos recordos da súa infancia por aquelas longas e hoxe asugaladas rúas. ¡Aboafé que o conseguiron!.

O que foi... ¡segue a estar vivo!. Ó levar ó novo pobo, non só as vidas senón o mesmo espírito e os monumentos (igrexa/fortaleza e outros) e tamén as tradicións herdadas dos antergos (Festa do Encontro, do Ramallo, Reis, Maios, etc.) está a recordarnos que os portomarinenses seguides a manter o mesmo espírito e a tradición dos vellos tempos.

¡Noraboa no Día Grande das festas do Santo Cristo das Victorias!.Que sigades a acoller, con ledicia e agarimo, ós/ás peregrinos/as, a manter os bos costumes e agradecer a Deus o gran regalo de estar no Camiño de Santiago, ó comezo do terceiro milenio
Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES