Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O ambiente literario

lunes, 04 de julio de 2011
A Xosé Carlos Caneiro agradézolle a lección maxistral pronunciada cando recibiu o Premio Julio Camba


Xa non é tempo de tertulias de café. Nin as de Risco no Parque, nin as de Blancoamor no Miño, nin as de Ferrín no Derby poderán nunca voltar a ser o que foron.

As tertulias eran a esencia da nosa cultura mediado o século XX e a elas debemos moitos galegos o noso interese polas artes literarias.

E nelas despertou tamén, hai que dicilo, a vocación creativa de moitos dos actuais escritores galegos mais coñecidos.

Xa se sabe. Mudaron os tempos e mudan tamén os modos…

E nótase como o arte literario galego exténdese por Internet, incluso as obras dos solitarios e dos tímidos, que, como as meigas, haber hainos. E son bós, digocho eu.

Tamén nesta Galicia do Século XXI éstase a construir unha cidade da cultura, que quizaes teña o seu símbolo na obra do arquitecto Eissman no compostelán Monte Gaiás, pero que vai moito mais alá da arquitectura, de un museo ou de un auditorio.

Refírome a ansiedade dun pobo por coñecer o que é de seu: a sua cultura e as formas artísticas que o fan espertar cada alborada.

Hoxendía a actividade cultural vive mellor gracias o labor das institucións e os actos que organizan: mostras, publicacións, ciclos de conferencias ou concertos que enchen de cultura as principais cidades e vilas de Galicia.

Actividades que fan institucións públicas ou privadas, incluso as entidades de aforro, esas que agora, fusionadas, serán bancos. Con medios económicos e materiais moito mais doados que no pasado, a actividade cultural crece e serve de rampa de lanzamento dos novos creadores. Négalo sería unha grande estupidez.

Xunta, Novacaixagalicia, Real Academia Galega, Consello da Cultura Galega, as Fundacións, os propios xornáis galegos… Todas estas entidades fan posible o desenrolo das artes literarias. Son os actuais motores da creación o traveso do labor dos seus propios departamentos, das suas publicacións, ou do seu apoio a industria editorial e ós propios libreiros que buscan vender en tempos difíciles ata en feiras populares.

E así crece o ambiente literario, recobran protagonismo os creadores, xurden novas asociacións e a Literatura galega actual recibe cada día novo pulo.

Conste que isto non é un eloxio para meu amigo López Barxas, co que non voltei a falar desde que é director xeral de non sei que na Consellería de Cultura.

Eu supoño que a creatividade dos nosos escritores e poetas terá algo que ver con esta puta crise que nos botaron enriba, que as crises espertan o inxenio; pero é certo que temos un bó ambiente literario no qué destacaría a un fato de escritores e poetas que me devolveron o meu interese por leer en galego para logo escribir no idioma que faga falla.

E siguen sendo os creadores os que poñen a cada quen no seu sitio, que xa abonda, como motivo de apoio, nunha época na que moi poucos medios de comunicación se mollan.

www.galiciaunica.com
Rodríguez, Xerardo
Rodríguez, Xerardo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES