Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A Ofrenda esixe autenticidade e coherencia

lunes, 04 de julio de 2011
Á BEIRA DO CAMIÑO

Por parte de todos. De dirixentes e do pobo. Da Igrexa e da Sociedade. De feitos, non de palabras. Fidelidade a esta rica e fermosa tradición da cidade de Lugo (vén do ano 1669) e coherencia coa fe e costumes dos nosos antepasados. Tradición presente nos escudos de Galiza e Lugo. Merece o respecto. Por enriba de gustos, ideoloxías e/ou crenzas.

Neste ano, representan á sociedade civil (socio/política) os alcaldes das sete capitais do antigo Reino de Galiza na persoa do de Betanzos; pola Igrexa, o arcebispo de Santiago. Ámbolos dous presentaron ao Señor os problemas reais de Galiza. Esperamos non lle traspasen tamén ó Señor as necesidades que temos de resolver nosoutros. Eles e nós.

Celebramos a memoria de Xesús, o amor e fidelidade ao Pai e a compaixón e amor aos irmáns. Xesús sempre estivo cos pobres. Amosou o seu amor nos feitos. Actualizar a súa presenza neste tempo é a nosa misión. Sobre todo, dos constituídos en autoridade de servizo á comunidade. Na sociedade e na Igrexa

Pedimos aos dirixentes políticos austeridade e compromisos a prol do pobo. Tamén á xerarquía eclesiástica. Para uns e outros non abonda coa palabra. Ten de acompañala o testemuño de vida.

A sociedade galega está tamén moi indignada por tanta indignidade, promesas incumpridas e feitos contrarios ao que tiñan prometido. Volven ás andadas! Soldos altos, asesorías, dedicacións...Seguen a cargar aos pobres a crise! Falla o exemplo. Para estar aos pés de Xesús Sacramentado é preciso estar tamén aos pés dos pobres.

Cómpre levar á vida o xeito de Xesús: practicar a xustiza, compartir o pan, o traballo...Necesitamos palpar a coherencia de vida. Nas obras. Boa estadía en Lugo!
Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES