Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

No Prado de Ramos, ¿Si ou Non?

viernes, 01 de julio de 2011
A pequena polémica xurdida a pasada semana, que, por certo, non é algo novo, pola disposición municipal de non permitir o acceso ó cespede daquel lugar, e do que nós soubemos polos xornais, propiciou que algunhas persoas recabasen a nosa opinión ó respecto que, de xeito público, expresamos.

Un entende que é aquel un espacio que polo seu emplazamento, e polo entorno, debe procurarse que permañeza nas mellores condicións de coidados, de estética, de hixiene e de salubridade.

E para logralo acaso resulten inevitables determinadas restriccións ó seu disfrute. Coido que é algo que ocorre en todas partes, en circunstancias semellantes, naquelas localidades nas que se amosa interese por manter un estatus de limpeza, de pulcritude, e unha imaxe digna do lugar e, sobre todo, tratándose dunha vila turística, como así o pregoamos da nosa.

Pero que en Foz, dende hai xa moito tempo, exemplo de abandono, de desidia, de suciedade; onde o seu casco urbano, mesmo no mais céntrico, ofrece o espectáculo deprimente dos solares sen pechar, de visión selvática, ou de aceras de dicífil tránsito polas irregularidades do chan e o grave deterioro do mesmo; a invasión das mesmas pola vexetación, ou rúas sen aceras, que a cotío poñen en risco ós peóns, como ocorre na do cemiterio; onde moitas das vías urbáns non locen os seus nomes, coa descortesía que para os visitantes significa tal feito (ás veces atopámonos con alguen que anda, perdido, buscando unha, na que xa está), terreos, provisionais aparcadoiros, que son auténticos depósitos de basura, mesmo se arrinconan “trastos inútiles”, ofrecendo a visión terceiro mundista; que, ante condicións tan deplorables do hábitat urbán, sexa precisamente o problema acuciante, neste entorno, pisar ou non o céspede do Prado de Ramos, ou comer enriba del, ou non, dando lugar ó noxento cruce de acusacións, mais ou menos veladas, entre quen son os responsables de tales desaguisados, só nos permiten constatar, unha vez mais, que o que menos importa é a solución ós probemas da cidadanía, e do “bó goberno”, nen polo tanto, a imaxe que estamos a ofrecer.

E non digamos nada dos que, ademais de canto apuntamos, defenden que, aquel paraxe tradicional se coverta, tamén, en exemplo do que non debe ser.

Nos pensamos que hai que “pillar o touro polos cornos” e actuar con sensatez. Foz necesita con urxencia un plan que no seu diseño contemple a realidade evidente de tal estado de cousas: que a limpeza, o orde, a correcta ocupación da vía pública, o respecto ós peóns, os edificos que, tras moitos anos, presentan paredes sen locir, en deleznable estética, etc.

Cando éstas, e outras medidas se tomen, de xeito que Foz, a poder ser, volva a polos vellos fueros, nos tempos de vila receptora de premios por “coidado y embellecimiento de los pueblos”, entón falaremos de comer, sí ou non, por entre a beiramar, no Prado de Ramos e noutros lugares fermosos que hai, e que habería que potenciar.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES