Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O verán dos nenos

viernes, 01 de julio de 2011
Aínda que as estacións teñen un calendario establecido hai milenios, o certo e que o verán comeza esta fin de semana. O verán, para moitos traballadores, componse de dous períodos mensuais, xullo e agosto, entre os que optan a efectos de escoller período vacacional.

E fraccionados ou non, compartíndoos en caso necesario con outros períodos durante o ano por necesidades das empresas, as vacacións son para o verán e viceversa.

Quen máis as disfruta son, naturalmente, os nenos, que aparte das xornadas veraniegas en familia, teñen ó seu dispor os campamentos de verán organizados na súa inmensa maioría pola Xunta de Galicia, que ofrece ata preto de 10.000 prazas para turnos campamentais nas catro provincias, de interior e costeiros, para disfrutar da natureza aprendendo a convivir.

Mesmo houbo que facer sorteo ante notario diante do aluvión de peticións recibidas para participar nestes campamentos, que sempre hai un número de inscricións que non poden ser atendidas, tendo preferencias as que non puideron participar en anos anteriores.

E non só para os máis pequenos, senón para mozos se organizan campos de traballo e actividades de aventura, co que o verán galego ten un sinnúmero de ofertas que son unha auténtica alternativa ás vacacións familiares tradicionais que sempre terán defensores a ultranza polas súas innegables virtudes de convivencia e participación.

Os nenos teñen, dun ou doutro xeito, verán organizado que disfrutarán desde agora mesmo coa maior ilusión e entusiasmo.

Tamén os maiores temos dereito a ese lecer, se o tempo e as circunstancias o permiten, que moitos condicionamentos hai desde que alcanzamos algunha das múltiples maiorías de idade que se alcanzan cos anos, coa autonomía pesonal ou cos avatares vitais.

Feliz verán para todos!. E a disfrutar como nenos!.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania