Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Esmoleiros de Guitiriz

viernes, 01 de julio de 2011

OS ESMOLEIROS DO SAN BIEITO DE FERREIRA ( SAN PEDRO DE PÍGARA).

O antigo petitorio, situado inicialmente na Pena do San Bieito, foi traído ao lugar de Ferreira (Pígara) a mediados da década dos setenta do século pasado pola ampliación da estrada N- 634.

Trátase dun bloque monolítico de cemento e ladrillo, de forma paralelepípeda cuadrangular, que remata nun arco escarzano. Foi construido por José Miragaya, de Pacios. Baixo o devandito arco hai un fornelo no que se atopaba unha imaxe pequena do Santo policromada, protexida do exterior por un cristal e uns barrotes de madeira. Na parte media do esmoleiro había unha prancha metálica cun buraco na parte exterior, onde os devotos seguen depositando as súas esmolas.

A mediados da década dos noventa dese mesmo século o esmoleiro foi espoliado o que non impediu que os devotos sigan aportando diñeiro e “velóns” ao lugar onde se atopaba o santiño. Nos comezos do século XXI, o concello de Guitiriz mandou construir unha área recreativa no lugar de Ferreira (Pígara) e un novo esmoleiro ao carón do antigo, que consta de dous tramos: un lonxitudinal, de madeira, provisto dunha fornela na súa parte superior, onde atopamos algúns velóns de ofrenda. Outro transversal, de cantería. O seu conxunto asemella un cogumelo.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania