Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Tirar a pedra e agachar a man

jueves, 30 de junio de 2011
A escola da vida

O conselleiro de Educación primeiro tira a pedra e despois agacha a man. Primeiro impón o seu criterio e despois agáchase detrás de argumentacións que pon na boca doutros. A última ocasión ocorreu esta semana, cando elevou o horario dos mestres de vinteúnha a vinte e cinco horas alegando que era por que os pais reclamaban que os mestres se ocupasen dos seus fillos desde o momento que baixan do autobús. Aos pais quedoulles cara de parvos ante tamaña ousadia.

Vivir nun país democrático supón que os que exercen o poder deben ser consecuentes coas necesidades dos cidadáns e que lles dean as respostas axeitadas, asumindo, para iso, as responsabilidades que lles tocan sobre as decisións que adoitan.

Cando se elixen os membros dun goberno espérase deles que actúen con intelixencia ante os temas que deben enfrontar e, á vez, que dispoñan da suficiente capacidade para saber pactar cos seus intelocutores as decisións que lles van afectar aos grupos que representan, pois saben de antemán que as súas opinións poden ser diferentes e non menos oportunas.

Iso é o que chamamos normalmente consensuar as decisións, e supón, en definitiva, o valor máis importante que teñen as democracias. Doutro xeito, calquera solución quizais pode parecer non só inadecuada senón incluso arbitraria ou interesada.

Un cambio tan importante como o do horario lectivo dos profesores públicos nestes momentos debe ser, por tanto negociado con valentía poñendo enriba da mesa as razóns que o determinan: o déficit orzamentario do departamento de Educación para cubrir tódalas necesidades docentes mediante a contratación de máis persoal. Pero quen ten medo á negociación quizais sexa por que pensa que lle poden esgrimir argumentos que tiren polo chan a súa argumentación, como pode ser o de que para outras actuacións si se reservan cartos, como no caso do inglés.

Dende a implantación do decreto do plurilingüismo si parece que hai cartos para formar os profesores e para traer todos os lectores que avalen esta idea partidista.

A verdade é que a xente da Educación empeza a estar farta de oír razóns interesadas e de que non se atendan nunca as súas necesidades. Tal vez sexa preciso un cambio nos seus responsables para que as decisións sexan oportunas e consensuadas.
Suárez Sandomingo, José Manuel
Suárez Sandomingo, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania