Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Contención dos gastos

jueves, 30 de junio de 2011
A menores ingresos, menores gastos, pide a lóxica. Se as institucións se ven forzadas a reducir o seu orzamento de ingresos, necesariamente o capítulo de gastos ten que ser minorado na mesma proporción. E neso están as administracións, porque lle lo pide Europa, e porque a realidade se impón con toda firmeza.

Que ademais os orzamentos para todo un ano hai que establecelos o ano anterior, moitas veces sen idea determinada de cómo vai camiñar a economía e co conseguinte risco de que a realidade non se pareza en nada á planificación numérica establecida con anterioridade.

Rajoy ven de denunciar que o Goberno non vai poder ingresar o que presuposta no capítulo de impostos, e o Presidente Zapatero acúsao de danar a credibilidade da economía española. Un considera que as cousas non van ben, nin van ir tan ben no futuro, mentras o outro considera que toda palabra en contra é un ataque á liña de flotación da nosa economía colectiva.

Polo menos, en Galicia, as dúas primeiras forzas políticas –PP e PSOE- están de acordo, e así o plasmaron oficialmente, na Lei que limitará o gasto público das institucións, para conseguir nivelar presupostos e conter un déficit que se considera o maior de todos os males e provocador de desconfianza exterior, e cada vez dependemos máis do que pensen de nós os de fóra. Con arreglo a este acordo, a Xunta fixará cada ano, de acordo coas circunstancias, un límite de gastos diante da previsión de ingresos para conseguir estabilidade financeira. E se os ingresos superasen os previstos, o resultado aplicarase á amortización da débeda pública.

O acordo aínda renxe, e xorden voces críticas contra el, pero opinións coincidentes coma esta deberan darse máis na nosa clase política para evidenciar que o que se busca é o ben común e non o obxectivo particular de cada partido. O aforro institucional é unha necesidade, un propósito, e agora mesmo un acordo. Que dure, e froitifique!.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania