Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

As pensións subirán o doble

lunes, 06 de septiembre de 2004
Na tarde do domingo, día cinco de setembro, eu ben pensei que ZP sufrira un ataque de tolemia. Logo, decateime que só era unha subida de temperatura (política).

Escoitando a radio, oio que di que "as pensións mínimas, no 2005, subirán o doble". Deste xeito, pensei eu, non só recuperan toda a perda de poder adquisitivo, senón que se colocan nos primeiros postos de Europa.

¡Esto sí que é socialismo auténtico!, pensei alborozado.

Pero logo, despois, na "letra pequena", aclarou que "as pensións mínimas, no 2005, subirían o doble que o resto das pensións". Como as pensións van subir un tres por cento aproximadamente, as mínimas subirán un seis por cento, que se a pensión é de arredor de 420 euros, a subida pode ser arredor dos 25, ou sexa: algo máis de 4.000 das antigas pesetas.

Unha subida así -cando se produza- non cabe dúbida que supón un custe moi importante para as arcas públicas, e é un importante esforzo, que non precisa ser "vendido" con medias palabras nin frases rimbombantes de doble sentido.

Que suban as pensións, é un beneficio para a sociedade. Que suban as mínimas o doble que as outras manifesta unha vontade política de ir suprimindo -moi lentamente- diferencias inxustas.

Que as pensións suban o doble seguro que polo de agora non sería soportable polo sistema que as sustenta. Pero entre o seis por cento e o doble hai un abismo que hai que ir salvando pouco a pouco, canto máis axiña mellor.
X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES