Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Dedicacións exclusivas

miércoles, 29 de junio de 2011
Estes días toca reparto, que semella reparto de botín. Constituídas as alcaldías dos trescentos quince concellos galegos, como os de toda España, entre os membros da forza ou coalición gañadora repártense os cargos oficiais de goberno, e asígnanse dedicacións exclusivas que se desde os concellos poden ser vistas como modestas e axustadas á realidade, desde fóra son en moitos casos desmesuras que non se corresponden para nada coa situación real do contorno.

Ter un alcalde por horas non parece ser solución nun tempo municipalista, onde os concellos teñen cada vez máis competencias, esixen máis atención, e – especialmente nos concellos pequenos- todo o mundo quere falar co Alcalde, sen que lle valla tenientes de alcalde ou delegados das diversas áreas.

E pode ser que os munícipes – alcaldes ou concelleiros- teñan posto de traballo, xeralmente oficial, co que teñen que pedir unha excedencia especial por razón de cargo electivo, e pasar a cobrar na institución onde realizan o seu traballo. Neste caso, a lóxica implica que o alcalde en exercizo cobre alomenos o mesmo que percibía no seu posto de traballo. Pero tamén pode ser que concelleiros e alcalde non tivesen posto de traballo, sexan uns necesarios profesionais da política, e entón con toda a razón precisan un salario digno, sen que estea moi perfilada a contía desa dignidade.

E o soldo dos edís ás veces tamén é unha arma na man da oposición ou dos seus alidados de goberno, e un alcalde hai – o de Ribadavia que ten intención de darse de alta no paro toda vez que non conseguíu apoios para a súa dedicación exclusiva.

Non é extraño diante da disparidade que se contempla nos diversos concellos que o Presidente Feijoo pretenda que a Federación Galega de Concellos tome cartas no asunto e estableza unha tabla salarial orientativa para os municipios galegos, que só sería orientativa porque os plenos municipais son soberanos, e posiblemente poucos se acomoden a uns límites que se establezan, aínda que supoña que poidan sacarlles as cores publicamente cando se produzan desmesuras.

Nestes momentos, numerosas voces se alzan proclamando rebaixas en dedicacións exclusivas, emolumentos, gastos de representación, asesores, coches oficiais e outros custos similares.

Se a crise colabora nesta dirección, perfecto. Se non, ímolo ter difícil. E aínda se preguntarán algúns dos nosos políticos porque a xente os ve como un problema!.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania