Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Botellón

martes, 28 de junio de 2011
Adoitamos chamar botellón ás festas xuvenís, concentracións, onde o consumo de líquidos con alcohol é o obxectivo principal.

Cada cidade ou poboación ten os seus lugares onde o botellón se organiza, e cada certo período de tempo, sen necesidade de convocatoria previa, nas fins de semana ou en festas de gardar, centos ou milleiros de rapazas e rapaces renden culto a Baco a través das máis diversas fórmulas, que teñen por denominador común o aforro nos custos das consumicións, que no botellón gástase infinitamente menos que nos circuitos ”de copas” nos lugares nocturnos de sona.

Como a velocidade social é tan grande, nestes momentos afírmase que nos botellóns participan rapaces e rapazas de catorce, trece e doce anos, o cal de demostrarse debera ser motivo para poder quitarlles a patria potestade ós seus proxenitores, que para máis INRI deberan recibir debidamente explicado o estudio que ven de facer o Grupo de investigación en Neurociencia Cognitiva e Afectiva da Universidade Santiago, que conclúe que os rapaces que acostumen a participar en botellóns teñen máis dificultades para aprender que os que non participan nesta actividade.

Que o Alcohol en demasía está reñido cunha vida normal e froitosa, está xeralmente aceptado, a pesar de que é moito máis doadamente aceptado o seu consumo e excesos que calquera outro tipo de sustancias. Pero daí a deducir que se aprende menos por participar en botellóns, seguro que é unha conclusión científica acreditada, pero a afirmación parece de Perogrullo.

Din os entendidos que o consumo intensivo de alcohol produce unha menor capacidade para aprender información nova. E teremos que crelo, ata que alguén demostre esto ou o contrario.

Que o do alcohol ten aínda moito que andar ata chegar a que teñamos conciencia das súas accións maléficas no noso organismo, pero todo ha chegar. En tanto, o que queira estudiar, fágao seriamente. E un botellón esporádico pode non ter máis problemas que os que os participantes orixinen, pero unha participación continuada ten que ser nefasta, non só para adquirir novas informaciones, senón para a vida do individuo.

Xa non digamos se, en lugar de ser un participante maior de idade é un neno de 14, 13 ou 12 anos.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania