Furtivos
X.X. - viernes, 03 de septiembre de 2004
O tema do furtivismo -na literatura e na vida- ten permanente actualidade, debatíndose entre a necesidade de uns e o dereito de outros, coa dura realidade sempre no medio dun panorama problemático no económico e no social.
Furtivismo menor hóuboo sempre na costa galega por parte dos veraneantes que ocupaban os ratos de ocio procurando un marisco que parece ofrecerse de xeito gratuito ou fortuito, pero o tema complicouse hai uns anos coa aparición de bancos de ameixa ou berberecho ou outras especies, co que comezou a vixianza e prohibición de mariscar por persoas non autorizadas.
Pero en A Coruña o problema pasou a maiores e os representantes dos mariscadores profesionais afirman que "vai haber mortos" se non se protexe a riqueza marisqueira e se segue a tolerar as extraccións furtivas, co que nin se respecta o tamaño nin afloran economicamente as operacións que se efectúan.
Pero en todo problema hai que considerar as dúas partes: Os mariscadores profesionais teñen os seus dereitos; é innegable. E con respecto ós ilegais, haberá que ver que posibilidades hai de legalizalos para que tamén accedan á súa cota de participación na propiedade colectiva.
Porque algo está moi claro: No furtivismo pode haber algo de delicto, de apropiación indebida, de intromisión, pero seguro que tamén hai moito de necesidade, de falta de outra saída; nunha palabra, de miseria.

X.X.
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora