Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Calores do verán

lunes, 27 de junio de 2011
En canto remata unha estación, esquecémonos de cómo nos tratou a natureza, centrándonos na que chegou, que a fin de contas é o natural, que o resto queda para as estatísticas.

Segundo nos indican os correspondentes estudos meteorolóxicos, vivimos unha primavera con altas temperaturas, das mellores dos últimos cincuenta anos. E agárdanos un verán con temperaturas superiores ás normais, verdadeiramente caluroso, aínda que as previsión teñan sempre unha altísima dosis de elucubración.

Os primeiros días do verán parecen darlle a razón ós que nos facilitan unhas previsións meteorolóxicas que sabemos só poden científicamente garantirse no prazo dunhas horas, duns días ó sumo. Polo que falar do que vai pasar no verán ten moito de especulación, por moita ciencia que se aplique no estudio das realidades que nos rodean.

Vennos ben que veña un verán caluroso, co que normalmente chamamos “bo” tempo para que poidan desenvolverse axeitadamente todas as actividades que o verán galego contempla, desde a utilización masiva dos nosos centos de praias ata a participación nas non menos concorridas infinitas festas, co que ambas actividades supoñen de beneficio económico para o sector hosteleiro, sempre necesitado de inxeccións económicas para saír dun marasmo evidente e continuado.

E como factor sempre vital, os Camiños de Santiago, que co verán ven acrecentarse o número de peregrinos, e son para os negocios radicados nas súas inmediacións, como un Plan de Desenvolvemento con resultados garantidos.

A metade dos que van de vacacións están a piques de inicialas nesta mesma semana. Polo que ó disfrute se refire, a todos desexamos un feliz verán, e polo que esto poida incidir favorablemente na economía das nosas xentes, que o verán sexa tan caloroso como necesitamos para logo arrostrar os fríos outonais e invernais.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES