Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

As cousas importantes fanse co/con corazón

lunes, 27 de junio de 2011
Á BEIRA DO CAMIÑO.

Nacen na mente. Somos seres humanos. Nesa liña vai a chamada de Cáritas. Por qué no corazón? Porque na cabeza, a realidade é evidente. Abonda con ollar a realidade actual. As inxustizas, desigualdades, mentiras...seguen a medrar mostrando a súa cara abafante na prepotencia dalgúns e na fame, paro, tristura e mesmo desespero doutros (os pobres!) as vítimas concretas que abondan por todas partes.

No corazón nace a preocupación, o cariño, a entrega, o compromiso. Cara os demais. As actitudes e xestos que toda persoa humana posúe e está a facer, a cotío, cando palpa as fallas e necesidades que estragan a vida a máis das tres coartas partes da humanidade.

Tamén son evidentes as causas que producen semellantes barbaridades e que deben ser erradicadas. Esa é unha das tarefas que temos pendente, non só os cristiáns senón todas as persoas de boa fe.

Coñecemos as causas que han de ser erradicadas. Destacan o egoísmo, a soberbia, a prepotencia do mundo da economía de mercado que domina e corrompe todo e ven a ser a causa motriz de tanta inxustiza e desigualdade.

A maioría de nosoutros tamén estamos indignados (non resignados!) por mor de tanta indignidade, descaro e hipocrisía. Seguimos a notar falla dunha cultura de valores. A eles temos de volver, para garantir futuro. Que ten de vir dunha auténtica comuñón entre nós cunha participación activa dentro da diversidade e desde a gratuidade e o compromiso, única forza capaz de mudar a realidade actual nesta sociedade consumista.

Sóbrannos palabras e fáltannos feitos. Xesús tomou opción clara e decidida polos pobres! Precisamos máis coherencia tanto na sociedade civil como eclesiástica. As cousas grandes fanse realidade nas pequenas e sinxelas de cada día.

Os actos do Corpus, en Lugo, no 50º aniversario de parroquias, as procesións, as primeiras comuñóns...teñen de levarnos a acercármonos máis aos pequenos, aos pobres...“os preferidos do Señor!”Seriedade e coherencia, amigos!

Entre todos, coa axuda do Señor e dos irmáns, imos ser quen de facer presente nesta sociedade o proxecto de Xesús a través das cousas pequenas da vida diaria. Todo consiste en compartir o pan e o viño (a vida) que todos recibimos gratis. De regalo...
Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES